A webquest "Os ríos" está pensado especialmente para que o alumnado de 6º de Primaria desenvolva hábitos de coidado cara o medioambiente e entender a importancia do coidado de este. O alumnado debe realizar unha tarefa grupal consistente nun cómic, no cal ademais das viñetas deberán incluír unha reflexión sobre o que pensan deste asunto e como podemos mellorar a situación.
TEMPORALIZACIÓN: ao redor de 7 sesións.
Na primeira sesión, presentaráselle a webquest e visualizarán o vídeo introductorio. Dependendo do tempo que nos reste, pediráselles que realicen o cuestionario ou realizaráse na seguinte sesión.
Na segunda sesión deberán decidir quen se ocupará de cada tema e comezarán co proxecto ao que se dedicará cada persoa. Algunha tarefa, como anotar o consumo de auga, deberá ser realizada na casa.
Na terceira sesión a clase estará destinada a rematar o traballo individual. Se alguén rematou a tarefa individual, pode ir pensando como será o seu cómic.
Na cuarta e quinta sesión, comezarán coa realización do cómic e a súa conseguinte reflexión. Na casa (ou no colexio de ser preciso) deberán escanear o cómic.
A sexta sesión estará dedicada á creación da revista dixital.
A última sesión que trataremos a este traballo, será a presentación dos cómics diante dos/as compañeiros/as.
OBXECTIVOS:
-Concienciar ás novas xeracións da importancia do consumo responsable de auga.
-Desenvolver hábitos saudables de respeto ao medioambiente.
-Coñecer ás consecuencias da actividade humana nos distintos ecosistemas.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
Comunicación Linguística (CCL): capacidade para extraer e entender a información a partir de diferentes textos e reestruturala dándolle un sentido.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD): Uso das tecnoloxías para acceder a nova información e transformala en coñecemento propio.
Aprender a aprender (CAA): non mero consumidores da información, senón desenvolver unha actitude crítica na que eles mesmos sexan independientes para seleccionar, valorar e procesar a información que lles chega.
Competencias sociais e cívicas (CSC): entender a importancia do coidado do medioambiente e fomentar unha serie de valores como o traballo en equipo ou a colaboración.
O contido que estamos a traballar aparece no Bloque 2 ( O mundo que nos rodea) de Ciencias Sociais e no Bloque 3 (Os seres vivos) de Ciencias da Natureza.
-Hábitos de respecto e coidado cara os seres vivos e en especial, a fauna mariña.
-Consecuencias de actividade humana como a pesca ilegal ou a alteración dos ecosistemas.
-A importancia de coidar a auga.
Obxectivos curriculares
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado