En primeiro lugar, faranse grupos de non máis de catro persoas.
O alumnado buscará información sobre o tema tratado nos recursos que se facilitan a continuación, no apartado seguinte.
Despois, coa axuda dalgún programa, como por exemplo Canva ou Easel.ly, procederán a realizar unha infografía ou un tríptico sobre o tema, no cal ao final terán que engadir unha creación propia dunha dieta equilibrada na que non inclúan alimentos que conteñan demasiado azucre.
Por último, cada grupo fará unha exposición do seu proxecto.