GUÍA para facer a solicitude online.
PLAZO DE INSCRIPCIÓN 16-26 MARZO 2026
Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para o ano 2026 é necesario que as persoas solicitantes cubran a solicitude de admisión ás probas de acceso a través da aplicación Ciclosprobas, que funcionará como asistente. Podemos diferenciar dous casos: a) Para aquelas persoas que fagan a solicitude con sistema de identificación (usuario@edu.xunta.gal, Chave365, usuario@xunta.gal, DNI electrónico ou certificado dixital) na aplicación e NON necesiten presentar documentación complementaria, a aplicación avisará de que a solicitude está validada automaticamente e que non é preciso entregala nun centro. b) As solicitudes de inscrición, unha vez xeradas polo asistente informático, nas que cómpre achegar documentación complementaria ou as realizadas por persoas sen un sistema de identificación, deberán ser presentadas nun centro público de Galicia con oferta de FP antes do remate do prazo de inscrición. Sen o trámite de presentación a inscrición para as probas de acceso para grao superior de FP NON quedará finalizada, e polo tanto, a inscrición non terá validez. En ámbolos dous casos a copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude. Lembre que o día de realización da proba debe levar a copia da solicitude de inscrición xunto co documento de identidade. O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición á proba de acceso de grao superior é do 16 de marzo ao 26 de marzo, ámbolos dous incluídos.