GUÍA 1 Sabedes quen era Urbano Lugrís? (Ó compañeiro) E ti, sabes quen era Lugrís?
GUÍA 2 A ver… (Lendo no móbil) Pintor e escritor galego. Naceu na Coruña en 1908. Morreu en Vigo en 1973. Fillo de Manuel Lugrís e de Purificación González. Pintou o mar, gañábase a vida como muralista… aquí non aparece unha torre de caixas…
GUÍA 1 Claro, esta torre inventámola aquí, no instituto.
GUÍA 2 Amorear caixas para falar dun pintor?
GUÍA 1 Para dar a benvida ao Océano Lugrís. (Acende o faro e fai soar a caracola) O que ides ver é unha exposición creada polo alumnado e profesorado deste centro.
GUÍA 2 Ten sete módulos coma este nos que representamos o seu tempo, a súa obra, o que escribía, o que pintaba, o que lía…
GUÍA 1 Inclúe obxectos doados, reciclados e obras orixinais. É unha viaxe que comeza…
GUÍA 2 Cunha torre de caixas…
GUÍA 1 Exacto, cunha representación da Torre de Hércules, a cal Lugrís pintou en varios cadros.
GUÍA 2 Agora que o dís... a Torre de Hércules está no mural da cafetería.
GUÍA 1 Non te adiantes. A cafetería é a última parada. Imos comezar coñecendo a súa biografía.
GUÍA 2 Sendo pintor... non deberiamos de comezar vendo os cadros?
GUÍA 1 Chegaremos a eles, pero pensa que tras eses cadros hai un tempo histórico, experiencias, soños… Trala obra dun artista hai todo un océano.
AMBOS Benvidos ao Océano Lugrís!
GUÍA 1 Esta é a liña do tempo da vida de Lugrís. Nace en 1908 na Coruña e segundo el, que era moi retranquiero, naceu en dous sitios diferentes, na Rúa Rego de Auga e na Rúa Panaderas.
GUÍA 2 A súa nai, Concepción González, era pianista. E seu pai, Manuel Lugrís Freire, foi un galeguista moi activo. Eran cinco irmáns e creceron rodeado de libros e cultura.
GUÍA 3 Lugrís estudou na Coruña, en Santiago e en 1930 múdase a Madrid. Alí conecta coa vangarda cultural. Estivo na Barraca, un teatro fundado por García Lorca e Rafael Dieste, un teatro educativo que percorría as aldeas durante a II República.
GUÍA 1 Pasou a Guerra Civil pero Lugrís non falaba dela, así que saltamos a 1942. Casa cunha moza de Burgos, Paula e múdanse a Vigo, a que el chamaba Xouba City.
GUÍA 2 En Vigo a parella vivía nunha casa con vistas ás Illas Cíes. Tiveron dous fillos: Paula e Urbano. Daquela, Lugrís pintaba e vendía moito, pero a vida bohemia separouno da súa familia que marcha a vivir a Burgos. El iría de visita.
GUÍA 3 No verán de 1951 estará en Malpica, pintando uns murais na Casa do Pescador. Pasaba tanto tempo falando cos mariñeiros que tiveron que pechalo cinco días para que rematase os murais que ía inaugurar Franco. Eses murais aínda existen.
GUÍA 1 Despois diso Lugrís vivirá coa súa nai na Coruña. Estamos en 1956. Funda e escribe na revista Atlántida e relaciónase con escritores como Cela e Cunqueiro. Tamén pinta por encargo, as veces a cambio da manutención.
GUÍA 2 Moitas desas pinturas aínda están nas paredes de tabernas da Rúa Olmos da Coruña. Por elas ía co seu gran amigo Avilés de Taramancos nunca ruta que eles chamaban o Vía Baris.
GUÍA 3 Así chegamos aos 60, cando morren Paula e a súa nai. Lugrís malvive na Coruña. Fai plans para exposicións que nunca se celebran, a censura pecha a revista Atlántida, e o último traballo que fai aquí son os retablos da igrexa de Vilaboa.
GUÍA 1 En 1965 múdase a Vigo, onde lembraba ter sido moi feliz mirando as Cíes. Gáñase a vida debuxando carteis e portadas de revistas. Morre en Vigo en 1973.
GUÍA 2 Pero a vida dun artista non termina se conservamos e celebramos o seu legado, como facemos nós nas paredes do instituto.
GUÍA 3 Continuade visitando a mostra e coñecendo o espírito lugrisán, cheo de lendas e de océano, como o que representa a áncora coa que asinaba todos os seus cadros.
GUÍA 1 (Ao compañeiro) Sabes ler un cadro?
GUÍA 2 Ler? Sempre pensei que os cadros mirábanse.
GUÍA 1 Pódense mirar, pódense ler, pódense soñar... Lugrís, escribíaos
GUÍA 2 Creo que me perdín
GUÍA 1 Lugrís describía ao detalle cada parte do cadro antes de pintala. Onde ía cada cousa, as cores... Así lle dedicaba o tempo e materias xustos. Nin máis nin menos.
GUÍA 2 Quería acabar rápido… Non lle gustaba pintar?
GUÍA 1 Gustáballe, pero dín que lle gustaba máis vivir, estar na rúa, falando coa xente. Aínda así pintou moitísimo, como estes debuxos dos carteis da exposición.
GUÍA 2 Asinados cunha áncora, xa vexo! Pero os cadros de verdade onde están?
GUÍA 1 En museos, paredes e coleccións privadas. Algúns aparecen en reformas, como o mural que atoparon no baño dun restaurante da Coruña, imaxína!
GUÍA 2 É certo que pintaba a cambio da comida?
GUÍA 1 Algúns o consideran o mellor pintor pior pagado do século XX. Mirando os seus cadros e sabendo que morreu na miseria, é fácil estar dacordo.
GUÍA 2 Ti canto pagarías por este cadro de Lugrís?
GUÍA 1 (Mira o título) Berbés, 1943… Vaia pregunta! E este tamén é de Lugrís?
GUÍA 2 Non, son versións feitas polo alumnado do centro. Hai moitas ves? Veña imos coñecelas! (Ao público) Nestes pasillos hai moitos cadros de Lugrís, imos darvos unhas pregunats para resolver para axudarvos a miralos con máis atención
GUÍA 1 Cando teñades todas as respostas podedes vir e axudar a completar o puzzle.
GUÍA 2 Adiante!
GUÍA 1 Pecha os ollos.
GUÍA 2 Para que?
GUÍA 1 Para escoitar o mar
GUÍA 2 (Cos ollos pechados) O Atlántico está moi lonxe, non escoito nada
GUÍA 1 Tes que imaxinar as ondas, os barcos afundidos no fondo, a area, as sereas...
GUÍA 2 (Abrindo os ollos) Vaia, que imaxine un cadro de Lugrís...
GUÍA 1 Exacto. Ves esta barca? É a que collía Lugrís nos Cantóns da Coruña para cruzar a ría e imaxinar mundos submariños.
GUÍA 2 Eu vexo esta barca un pouco parada
GUÍA 1 Que pouca imaxinación, non es nada lugrisián. Agora, pensa no mar en galego.
GUÍA 2 Veña xa! O mar non ten idioma!
GUÍA 1 Para Lugrís si. Escribía en castelán pero usaba moitas palabras en galego. Escoita: «Cuando el oscuro roncón / de la galera nocturna / llora con voz de varón»
GUÍA 2 Que hai de galego nese verso?
GUÍA 1 O roncón. Sabes que é? A peza da gaita unida ao fol. Ves como omar de Lugrís fala galego.
GUÍA 2 Se ti o dís...
GUÍA 1 (Ao público) Lugrís pintaba o mar, escribía o mar e soñaba o mar. Manuel Rivas, resumiuno así: «O mar xa non é mesmo dende que o pintou Lugrís. Tiña que xurdir alguén que pintase os soños».
GUÍA 2 E os seus soños ían en barca.
GUÍA 1 E rodeados de redes, nasas e palabras en galego como as que hai nesa parede. Sabedes o significado? Imos comprobalo.
GUÍA 2 Un voluntario! (Dalle unha tarxeta) Tes que describir a palabra para que a adiviñen os demais pero sen usar as palabras da lista. O resto lembrade que é unha das palabras escritas na parede.
GUÍA 1 (Lendo do libro) «A Verne, que me inventó alas allá por mis verdes quince años y continúa inventándolas».
GUÍA 2 Inventar alas, que cousas.
GUÍA 1 É un agradecemento de Lugrís a Xulio Verne polas súas novelas. Lugrís foi pintor e escritor, pero por riba de todo, foi un gran lector.
GUÍA 2 Claro! De aí o seu pseudónimo como escritor: Ulyses Fingal. (sinala o nome) A Ulyses coñézoo, pero Fingal non me soa.
GUÍA 1 Ulyses é o heroe da literatura grega. Fingal tamén é un heroe, pero irlandés. Segundo a lenda, uníu Irlanda e Escocia polo Camiño dos Xigantes.
GUÍA 2 O Mediterráneo de Ulises e o celta de Fingal... Tíñao todo este Lugrís.
GUÍA 1 Tamén moito humor, que che parece esa caricatura?
GUÍA 2 A ver… (Achégase a ler) «Urbano Lugrís co uniforme de gala da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia» É broma, non?
GUÍA 1 Era retranqueiro, lembras? Crese que é un autorretrato e imprimímolo así para meternos na súa pel e con traxe de buzo.
GUÍA 2 (Ponse detrás) Mira, son Lugrís!
GUÍA 1 Antes tes que ler moito, coma el.
GUÍA 2 Por exemplo?
GUÍA 1 (Dándolle libros) A revista Atlántida, Cunqueiro, Valle Inclán, Cervantes, Rosalía…
GUÍA 2 Vale, vale! Por onde comezo?
GUÍA 1 Pola fiestra, recoñeces as illas?
GUÍA 2 Si, son as Illas Cíes e eses, os sonetos que lles dedicou, lemos un entre todos?
GUÍA 1 (Animando ao público) «Tres vigilantes sombras solitarias guardan la raya de tu mar, oh Vigo; Desnudas de si mismas, puro abrigo. Vestidas de memorias legendarias. Tres sencillas, pero extraordinarias Hermanas, como un mito repetido, al helénico son estremecido del mar que guarda muertos y plegarias...»
GUÍA 2 Moi ben lido! E agora, xoguemos. Nas mesas hai dados con lecturas de Lugrís
GUÍA 1 Tedes que formar os quebracabezas para xuntar autor, título, ano de publicación e fragmento do libro. Poñédevos cinco ou seis por mesa e nós axudámosvos.
GUÍA 1 Lugrís pasou os seus últimos anos en Vigo. Alí, contoulle ao seu amigo Antón Patiño que estaba escribindo unhas memorias: «Viaxe ao redor do meu mundo».
GUÍA 2 Esas memorias nunca apareceron, pero este espazo que vedes é para nós un cadro vivo que representa o mundo de Lugrís. Do artista e da persoa.
GUÍA 1 (Sinalando no espazo) Era un namorado das súas orixes, da súa muller e dos seus amigos. Apaixoábanlle o teatro, a fantasía de Xulio Verne e sobre todo, o mar.
GUÍA 2 Un pintor que asinaba os seus cadros cunha áncora coma ésta e os seus versos co nome de Ulyses Fingal, como a nosa biblioteca.
GUÍA 1 E que presumía, ante todo, de ter a mellor voz de ogro do teatro de monicreques español. O que ides escoitar a continuación é esta entrevista que lle fixeron para a revista Vida Gallega en 1961. A publicación era en castelán.
(Os guías séntanse. Un fai de Lugrís cunhas gafas e o outro de xornalista con libreta e boli)
XORN. Dime Urbano, ¿Qué es la pintura?
LUGRÍS No me atrevo a definirla.
XORN. ¿Y tu pintura, cómo la conceptúas?
LUGRÍS Es la versión plástica de mi mundo interior. Yo soy profundamente gallego; por tanto, con un mundo imaginativo bastante rico: el de nuestra raza. Pinto en gallego, por eso no puedo ser realista.
XORN. ¿Que elementos predominan en tu pintura?
LUGRÍS El color, sobre todo, y el afán de terminar mucho el dibujo.
XORN. ¿De qué técnicas te sirves?
LUGRÍS Utilizo siempre el óleo.
XORN. ¿Cuál es tu temática preferida?
LUGRÍS El mar. Y el fondo del mar.
XORN. ¿Lo pintas como es o como quisieras que fuese?
LUGRÍS Hice unas cuantas inmersiones en las islas Cíes, pero no conseguí una impresión real. Por eso prefiero pintarlo como lo ensueño y lo siento.
XORN. ¿En qué cifras tus aspiraciones de pintor?
LUGRÍS Tengo una sola aspiración: estar satisfecho de mi obra.
XORN: ¿Lo estás?
LUGRÍS De momento, no me convenzo. Sigo innovando mi técnica. Ahora trato de simplificar la línea y huir del barroquismo, pintar con paleta más sobria, hacer un dibujo más amplio… Ya ves, todavía estoy aprendiendo.
GUÍA 1 Para coñecer a Lugrís temos a pintura, a biografía, as lecturas... pero hai un imaxinario que nos conecta co mito, coa memoria que quedou del na xente e lugares que o coñeceron
GUÍA 2 Veredes, Lugrís era moi alto, medía 1,85 centímetros. E así o imaxinou Paula, unha compañeira nosa, facendo a ruta das tabernas co seu amigo Taramancos.
GUÍA 1 El e Taramancos eran famosos na Coruña por ir sempre de ganchete e facendo bromas pola rúa. facendo lugrisadas. Como cando mandaban saúdos aos curas de parte «dos seus fillos»
GUÍA 2 Lugrís era bohemio, recitador e trouleiro e así se lle recorda tamén en Vigo, onde pasaba moito tempo nas tabernas do Berbés.
GUÍA 1 Lola, a neta dunha taberneira, aínda lembra como a súa avoa choraba cada mañá ao limpar os debuxos de argonautas e vellos mariñeiros que Lugrís deixaba nas mesas de mármore.
GUÍA 2 Así, coa lembranza do mito, despedimos esta viaxe polo mundo de Lugrís invitándovos a seguir coñecéndoo, a seguir navegando polo seu océano.
GUÍA 1 Moitas grazas! (aplausos)