Océano Lugrís é unha mostra sobre a obra e a figura do pintor que dá nome ao centro. Está composta por sete módulos, e o primeiro é esta torre de caixas que representa á Torre de Hércules, a cal Lugrís plasmou en moitas das súas obras.
Esta mostra foi creada por alumnado e profesorado do curso 2014/15 nun obradoiro organizado polo centro, coordinado por Cristina de la Torre e que contou co apoio da Consellería de Cultura e Educación.
Na exposición hai creacións orixinais, reproducións de obras de Lugrís e de arquivo, obxectos reciclados e doazóns. En conxunto, trátase dunha viaxe polo universo de Lugrís tal e como o vimos nós.
VOCES: Morelys de los Santos, Daniel E. Rosua. TEXTO: Cristina de la Torre. [02:18]
TEXTO: Urbano Lugrís, Homenaje a Julio Verne. VOZ: Anyeli Scarlett. [00:48]
Urbano Lugrís González naceu na Coruña en 1908 na rúa Rego de Auga. A pesares do tempo que lle tocou vivir, a súa infancia estivo rodeada de cultura xa que súa nai, Conceoción Gonzçález, era pianista, e seu pai, Manuel Lugrís Freire, era un intelectual e galeguista moi activo. Urbano estudou na Coruña e Santiago pero o gusto polas artes afastouno cedo dunha vida corrente.
Nos anos 30 viviu en Madrid, onde participou da efervescencia cultural da II República. Trala Guerra Civil casou con Paula Vadillo. Viviron na Coruña, Vigo, Madrid e Burgos, Tiveron dous fillos, Paula e Urbano, que tamén foi pintor, como o pai.
Lugrís tivo unha vida familiar inestable e faleceu, acompañado de amigos, en 1973 en Xouba City, como el chamaba a Vigo. Nesta parada da mostra podemos ver unha liña do tempo da súa vida, que é tamén un retrato da evolución cultural e social da Galicia do século XX que el vivíu, dende o Rexurdimento ata a decadencia do franquismo.
VOCES: Aroa Santos, Alba Vázquez. TEXTO: Cristina de la Torre. [05:21]
TEXTO: Manuel Lugrís Freire, Abrente. VOZ: Iván Sandino. [00:56]
Alguén definiu a Lugrís como o mellor pintor peor pagado do século XX. Sexa ou non, a súa obra non é só un interesante legado artístico, tamén o rastro dunha vida bohemia que o levou a pintar murais a cambio da manutención. Antes de pintar debuxaba un esquema dos cadros poñendo nome a cada elemento e escollendo cada cor, para non desperdiciar material ou tempo.
Era un excelente debuxante e nas súas obras inclúe detalles minúsculos que ofrecen ao espectador varias viaxes de observación. Neste apartado da exposición podemos disfrutar dunha reprodución de moitas das súas obras, algunhas con interpretacións ao carón feitas por alumnado do centro.
Lector de Homero, Cervantes, Verne, Conrad ou Stevenson, impregnaba o seu mundo pictórico dunha temática moi persoal. Nos seus cadros hai influencias do simbolismo, do romanticismo e sobre todo do surrealismo, pero é moi difícil encadralo. Por iso destacamos a definición da súa pintura feita por el mesmo: «Pinto en galego, razón pola cal non podo ser realista».
VOCES: Uxía Regueira, Pablo Torres. TEXTO: Cristina de la Torre. [02:12]
TEXTO: Antón Patiño, Urbano Lugrís. VOZ: Alba Vázquez [01:15]
«É o mar, sobre todo o mar». Isto dí Manuel Rivas sobre Lugrís. Tamén dí que o mar xa non é o mesmo dende o que el o pintou; que o mar xa non é paisaxe, senón foga; que xa non é a marxe do mundo, senón a grande metáfora da vida.
O imaxinario lugrisián está cheo de veleiros, baleas, estrelas de mar, galeóns afundidos, mascaróns de proa, bucinas, carabelas, estrelas de mar, mapas e ventás polas que entrar a un muyndo onírico e máxico onde o soño se mestura coa realidade. Un mundo no que os obxectos cobran vida e a historia é unha lenda chea de enigmas, con templos mergullados e illas suspendidas no aire.
Lugrís soñaba o mar, e soñábao en galego, como demostran os termos mariños sen traducir que inclúe nos seus poemas en castelán. Xa o dixo Rivas: «Tiña que xurdir alguén que pintara os soños»... E que os asinase cunha áncora.
VOCES: Ivan Sandino, Lucía Seoane. TEXTO: Cristina de la Torre. [02:27]
TEXTO: Manuel Rivas, As lembranzas que volven ao corazón dos homes. VOZ: L. Seoane [01:16]
Lector infatigable e de prodixiosa memoria, Lugrís era capaz de recitar longos fragmentos do Quixote ou de Verne, por quen sentía fascinación. A súa locuacidade e desbordante imaxinación nutríanse sen dúbida da lectura. Valle Inclán, Lorca, Cunqueiro... coñeceu escritores que admiraba e escribiu relatos e poemas asinados co pseudónimo Ulyses Fingal, en alusión aos heroes das tradicións clásicas mediterránea e celta.
Na época de Lugrís os libros máis libres chegaban no peto dos mariñeiros que viñan de América. O publicado aquí estaba baixo a lupa da censura como a revista Atlántida da que foi editor, debuxante e escritor, e que foi pechada en dous anos. Tamén ilustrou libros e publicou en varios xornais e nas revistas La Noche e Vida Gallefa, onde debuxou varias portadas.
Rodeado de libros durante toda a súa vida, en 1955 escribiría unha homenaxe a Verne que comezaba así: «A Verne, que me inventó alas allá por mis verdes quince años y continúa inventándomelas»
VOCES: Brais Ares, Douglas Sánchez. TEXTO: Cristina de la Torre. [02:40]
TEXTO: Luis Rei Núñez, O señor Lugrís e a negra sombra. VOZ: Morelys de los Santos, Gonzalo Conde, Jonathan Da Silva. [01:37]
Viaje alrededor de mi mundo, ese é o título das memorias que o propio Lugrís anunciou en entervistas e conversas con amigos, como o libreiro Antón Patiño, e que nunca chegarona.
escribirse, ou polo menos nunca viron a luz. Teríannos axudado a enrtender á persoa, xa que do artista fala a súa obra. E da eprsoa que temos? Unhas poucas fotos, as direccións das pensións onde viviu e os recordos dos que viviron canda el a asfixia cultural do franquismo.
Esas memorias inexistentes son a base do retrato que crea Luís Rei no libro O señor Lugrís e a negra sombra. Unha fantasía máis das moitas que rodean a Lugrís, que medía meytro oitenta e cinco e presumía de ter a mellor voz de ogro do guñol español. Gran conversados e con moito sentido do humor, era asiduo das tertulias e acadou un recoñecemento artístico que non soubo rendibilizar. Viviu os seus últimos anos en soidade e sostido en boa medida pola xenerosidade dos amigos.
VOCES: Gonzalo Conde, Jonathan Da Silva. TEXTO: C. de la Torre, Emilio Quessada. [02:18]
TEXTO: Luis Rei Núñez, O señor Lugrís e a negra sombra. VOZ: Gonzalo Conde [01:50]
Se Urbano Lugrís non existise habería que inventalo. Aínda que tal vez xa o fixemos. Entre as moitas lendas do personaxe que el mesmo puxo interese en crear, hai a que conta como nun local en Vigo, a neta da dona choraba cada mañá ao borrar o que o pintor debuxara a lapis no mármore a noite anterior. É o universo das tabernas, que nas noites da bohemia coruñesa de posguerra apenas abranguía douscentos metros e no que el exercía de epicentro dunha fauna de intelectuais posibilistas que esquivaran oe xilio e outros emerxzentes como Avilés de Taramancos, seu inseparable amigo. Din que pintaba a cambiode.
cuncas e que en Malpica, onde fora facer uns murais, tiveron que pechalo para que rematase en sete días o traballo para o que levaba catro meses na vila, afanado máis en departir cos mariñeiros ca en terminar as pinturas.
A construción do mito contribuiu a súa capacidade de fabulador e o humor co que enchía de faíscas de arte e ersmorga a escuridade do seu tempo. A igrexa era un branco habitual das súas bromas e adoitaba mandar recordos para tal ou cal cura: «Dígalle que o seu fillo manda súdos». Como dín algúns, facendo lugrisadas.
VOCES: Uxía Blanco, Carla Iglesias. TEXTO: Cristina de la Torre. [01:53]
TEXTO: Moncho do Orzán, Rapsodia Urbano Lugrís. INTÉRPRETES: Pedro López, María Vidal, Sandy Pereira, aulas 4º ESO [01:53]