Tarefa Final (Actividade 9).
Chega o momento de dar publicidade á vosa oferta para competir cos demáis equipos.
Montaredes ao voso posto na Feira de Turismo coa información da vosa ruta turística. Lembra que debe ser atractiva, debes convencer á posible clientela utilizando os recursos e as informacións detalladas. Debes ofrecer información sobre:
- Percorrido da ruta cos transportes a realizar, prezo, aloxamento e manutención.
- Época do ano máis axeitada para realizala. Roupa e calzado recomendado.
- Países: bandeira, capital, poboación, idioma .
- Parques Nacionais a visitar: situación, medio físico e biodiversidade; ecosistemas que se poden coñecer e relacións establecidas.
- Elaborade unha imaxe interactiva da vosa ruta utilizando a aplicación Genial.ly na que aparezca a ruta elexida e a información recollida. Crear un código QR que imprimiremos para colocar no posto.