Vas participar nunha Feira de Turismo de Natureza que se organizará nos corredores do colexio.
Para eso, debes elaborar co teu equipo unha oferta turística na que se recolla a visita a catro países europeos (un deles debe ser España), visitando diferentes Parques Nacionais nos que se poidan observar tipos de ecosistemas variados.
Na oferta debedes recoller diferentes informacións que resultan imprescindibles para a clientela.
O posto de información que realicedes para a feira será orixinal e recollerá toda a información e requisitos mínimos da tarefa.
Todos os exercicios e actividades realizadas a nivel individual para recabar as informacións precisas deben recollerse nun dossier ou portafolios individual.