Poderemos movernos por todo o espazo e visualizar o vídeo de cada un dos proxectos que resultaron gañadores nos retos de Polos creativos de 2023. Móstrase o reto polo que foi premiado cada centro educativo así como o concello e a provincia na que está situado.
Dous ou máis usuarios poderán manter unha conversa dentro do metaverso como se se tratase do espazo real. Canto máis preto estén os avatares mellor se escoitarán, e no momento en que se separen irase perdendo o son.
O espazo virtual non é para estar estáticos, podes moverte andando por el ou correndo. Xoga coas diferentes opcións que che ofrece este metaverso como saltar, saudar ou aplaudir a outros avatares, dar "likes" ou mandar corazóns. Se te sintes con forza anímate a bailar. Terás que bailar só, de momento non se admiten bailes agarrados.
No metaverso poderás encontrar diferentes elementos decorativos que podes contemplar: Microbit, Rasperry, gafas de realidade virtual, impresora 3D, CNC, entre outros.
Existen dous elementos que se encargan da seguridade na sala do metaverso (Baby Yoda e R2D2). Anímote a que os encontres. Poden parecer decorativos pero están para garantir a seguridade de todos os avatares.
Poderás atopar diferentes asentos polo espazo nos que se apuntas cara eles, sairá un círculo verde que che permitirá sentarte aí. Andar no metaverso pode ser esgotador por eso tamén podes atopar unha máquina de café.
No hall principal existe unha nube de palabras en forma de cabeza de robot con todos os centros educativos que forman parte do proxecto de Polos Creativos. Está o nome do teu centro? Se non está, admítense reclamacións.
Aínda que ChatGPT soamente ten unha base de información ata 2021, é capaz de facer un poema (en idioma galego con algúns erros) sobre a finalidade dos Polos creativos. Pódelo ver na entrada xunto a nube de palabras en forma de cabeza de robot.