Que é o metaverso da feira de Polos creativos?

É un espazo virtual no que cada profesor ou usuario poderá conectarse co seu avatar (personalizado ou non) para poder ver algúns dos proxectos máis innovadores dos centros educativos con Polos creativos.  Ademais de visualizar os proxectos, os avatares poderán ver outros elementos 3D presentes na sala.  O espazo virtual está situado no medio dunha illa e conta con tres salas para ver os diferentes proxectos creados polos centros educativos.

Dispoñible a partires do 2 de xuño de 2023 na seguinte ligazón:

Cando podo entrar no metaverso?

A partires do día do evento (2 de xuño de 2023), o metaverso quedará dispoñible para poder conectarse e facer unha visita visualizando os diferentes proxectos premiados en retos de Polos creativos no ano 2023. É preciso que no momento de conectarnos deixemos uns segundos para que se cargue toda a escena, dado que conta con moitos vídeos e elementos 3D que pesan. Unha vez cargados todos os elementos poderemos movernos pola escena sen ningún problema.

Como me podo conectar?

Ordenador con navegador Web

A través da ligazón Web do metaverso de Polos.

Dispositivo móbil

A través da app SPATIAL que poderás descargar desde Apple Store ou Google Play.

Gafas de realidade virtual 

Instalando a app SPATIAL nas túas lentes Oculus Quest 2 de Polos Creativos.

Podo conversar con outro profesor dentro do metaverso?

Dentro do espazo virtual todo usuario poderá activar o micro e falar no metaverso con outros compañeiros como se estivesen no espazo real. O son será envolvente de tal forma que se dous avatares están moi preto poderán conversar con claridade pero a medida que se vaian alonxando, o son irase perdendo como pasaría na realidade. Se dous avatares están conversando e outro usuario está preto, tamén escoitará dita conversación dado que nos encontramos nun espazo virtual simulando o que pasaría nun espazo físico real.

Podo sacar fotos "selfie" co meu avatar?

Unha vez conectado ao metaverso co teu avatar poderá facerse unha foto "selfie" simplemente pulsando a tecla "T" ou na opción inferior central de "Take a photo"

Podo gravar un vídeo co meu avatar?

A opción de gravar un vídeo mentras me movo co meu avatar polo espazo virtual estará dispoñible pulsando a tecla "R" ou na opción inferior central de "Record a video". Un exemplo é o que se mostra a continuación: