Ás vegadas, por facer festa, o señor Merlín saía á eira, e nunha copa de cristal chea de auga verquía dúas ou tres gotas do licor que il chamaba “dos países”, e sorrindo, con aquela aberta sorrisa que lle enchía a franca faciana como enche o sol a mañán, preguntábanos de que coor queríamos velo mundo, e sempre que a min me tocaba responder, eu decía que de azul, i entón don Merlín botaba a auga, ao áer, e por un segundo o mundo todo, Esmelle todo arredor, as brancas torres de Belvís, as pombas i o can Ney, o roxo pelo de Manoeliña, a branca barba de mi amo, o cabalo tordo, as bidueiras de Quintás i o toxo da coroa do Castro, todo era unha longa nuben azul que pouco a pouco se esvaía. O señor Merlín sorría namentras secaba a copa con un pano mouro. Esmelle, selva longa i antiga, na memoria lévoa eu de azul pintada, como si un enorme e morno luar apousara, nun repente, na terra.
Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia i outras historias , 1955
EXPOSICIÓN DE PINTURA
Do 17 de novembro ao 4 de decembro de 2026. Sala de Arcos do Concello de Celanova. Praza Maior, 1.
De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
Contacta comigo para vernos!