O proxecto YoGoTe foi orixinado na Galiza coa intención de facilitar a presenza da lingua galega a nivel internacional.
Proponse adoptar a estratexia de comunicación internacional practicada polas nacións indïxenas norteamericanas antes da colonización europea: Cada un fala na súa lïngua propia ao mesmo tempo que fai xestos das ideas principais. Estes xestos son coñecidos polos interlocutores doutras nacións, o que permite ser comprendidos sen deixar de falar a nosa lìngua propia.
Para poder ser de utilidade, a idea precisa que os xestos sexan coñecidos por todas as persoas implicadas na comunicación. Durante várias décadas téñense promovido actividades con xestos internacionais nas que participaron escolas de todas as partes do mundo, coordenadas sempre desde as escolas galegas.
Para facelo posible, no proxecto YoGoTe deseñouse un xeito de escrita para xestos, publicado co nome de Signogramas. Isto permitiu facer as actividades no ámbito educativo.
Neste sitio web poderás atopar leccións de iniciación á língua gaélica (Irlandés) usando os xestos YoGoTe como recurso de aprendizaxe. Este mesmo sitio tamén serve para que persoas de fala irlandesa se inicien directamente na nosa língua, seguindo a mesma metodoloxía.