TAREFA


En primeiro lugar, debedes facer grupos mixtos de 4 persoas.

O obxectivo que debedes de alcanzar é a creación de instrumentos musicais con elementos naturais. Para iso, tendes que buscar os seus materiais de construción que vos podades imaxinar que haxa nun bosque, coa finalidade de facer soar unha peza musical entre todos/as e que o monstro se quede durmido.

Para afrontar esta tarefa, é preciso botar man da vosa creatividade e imaxinación, así como da vosa capacidade de cooperación e autonomía.

Tras consultar a información que vos proveu o profesor/a, podedes apoiarvos en calquera tipo de material recomendado para fabricar cada un/unha un tipo de instrumento: de vento, corda ou percusión. No caso do director/a de orquestra, deberá crear o ritmo e organizar a cohesión e a harmonía.