Para crear os vosos propios instrumentos e lograr saír da cova, teredes que seguir primeiro uns pasos:
- Informarédesvos dos tipos de instrumentos musicais que existen e dalgúns dos exemplos.
- Para que exista coordinación e cooperación entre todo o grupo, escolleredes o rol de cada un/unha dos integrantes: director/a de orquestra, músico/a de instrumento de percusión, músico/a de instrumento de vento e músico/a de instrumento de madeira.
- Unha vez escollidas as funcións, cada membro deberá indagar máis profundamente no seu papel e na súa importancia, a través da lectura dos novos enlaces proporcionados .
- Guiarédesvos por este enlace para ter unha idea de como crear os vosos instrumentos, totalmente naturais e manuais, cos materiais dispoñibles nunha cova e así calmar ao monstro.
- Deseñar o instrumento escollido usando a creatividade.
- Organizarse e distribuír os turnos mediante traballo en equipo e conseguir plena harmonía na melodía.
7. Tocar a melodía e dormir á besta.