As aves orixináronse a partir de dinosauros carnívoros bípedos no Xurásico, hai 150-200 millóns de anos, e son, de feito, os únicos dinosauros que sobreviviron á extinción masiva de finais do Mesozoico.
Unha das características que fan que os paxaros sexan tan especiais é a súa forma de comunicarse, que se pode producir mediante movementos visuais, chamadas e cantos. A música que produce o canto dos paxaros é o seu principal medio de comunicación que, segundo as especies da que falemos, pode converterse nunha auténtica delicia para quen as escoita.