"Encantoume poder aprender das súas experiencias...Son moi interesantes" Victoria, 2º ESO
"Gustoume moito a visita e todo o que nos dixeron" Alicia, 2º ESO
"Grazas á visita ós nosos maiores aprendemos algo moi importante, como son os remedios naturais mediante as plantas. Pero non só nos ensinaron iso, senón que nos demostraron que as tradicións nunca se perden" Jenny, 2º ESO
"A min paréceme que o coñecemento dos usos das herbas do monte é moi importante e interesante, e nunca sabes cando che poden facer falta. Por iso desfrutei moito escoitando ás persoas que nolo contaron" Xes, 2º ESO
"Aprendemos que as plantas son moi valiosas e que a vergoña e a ilusión non se perde aínda que te fagas vello" Daniel, 2º ESO
"Eu aprendín moitas cousas sobre as plantas e ademais foi moi interesante falar e aprender con eles" Alex, 2º ESO
"Érache un venres calquera
e fomos á residencia
fomos aprender de plantas
foi moi boa experiencia" David, 2º ESO
"Gustoume moito, foi moi gracioso e aprendemos moito sobre as plantas" Rubén, 2º ESO
"A visita á residencia foi moi bonita e especial, xa que puidemos falar con eles da súa infancia" Carla, 2º ESO
"A min gustoume porque escoitei usos das plantas que non coñecía e ademais estiven cos maiores" Arantxa, 2º ESO