Ponte Nas Ondas é un programa de radio que levan a cabo nenas, nenos e persoas adultas dos Ancares a través de Radio As Nogais e Siradio de Galicia ademais da emisión por internet. O nome do programa é prestado da asociación do mesmo nome que unen colexios portugueses e galegos que compartimos unha cultura común, como o noso Patrimonio Inmaterial. E é aí onde o coñecemento popular sobre as plantas silvestres ten o seu recuncho. Neste último programa do mes de xuño vai incluída esta gravación onde nenas e nenos entrevistaron ás avoas, aos avós e outros familiares para saber e coñecer algo máis sobre as nosas plantas.
Para acceder ás gravacións dos programas temos o enderezo www.radiogaliza.gal