Dende a Escola de Nais e Pais Barallando Xunta@s e en colaboración co programa do Plan Proxecta Fitofaladoiro promoveuse a xuntanza de familias, alumnado e profesoado para aprender a elaborar xabón coa axuda de Lola, a profe de Tecnoloxía e coordinadora do programa.
Primeiro falounos do programa do Plan Proxecta Fitofaladoiro, no que participa o alumnado do centro, e que ten por obxectivo que coñezan e recoñezan as plantas máis habituais da súa contorna, os nomes que se lles dan a nivel popular, e os seus usos. Desta forma ponse en valor o saber popular, xa que nenos e nenas irán recollendo información a través de entrevistas a familiares ou veciños.
A elaboración de xabón está moi relacionado con esta transmisión popular do saber das propiedades das plantas, de aí o motivo desta proposta para a escola de nais e pais. Deseguido explicounos o proceso e as normas que deberiamos seguir para a elaboración do xabón.
Unha vez coñecidos os pasos da receita e xa na aula de Tecnoloxía, Lola explicounos como se fai o hidrolato nun alambique, e as propiedades medicinais e aromáticas que lle vai a proporcionar ao xabón.
As nenas e nenos asistentes encargáronse de facer o hidrolato, neste caso de romeu, mentres pais e nais comezaban mans a obra a aplicarse coa receita do xabón. Unha vez realizada a mestura e repartidos nos seus moldes deixáronse secar durante varias semanas antes de entregalos ás familias.