CONTEXTUALIZACIÓN:
Nivel académico e curso o que vai dirixido: 4º de Educación Primaria.
Materia na que podemos encadrala: Ciencias Sociais , Xeografía
Número de sesións: 5 sesións de 50 minutos.
Obxetivos:
- Promover entre o alumnado unha aprendizaxe sobre as festividades galegas
- Practicar o traballo colaborativo.
- Fomentar o bo uso das novas tecnoloxías no alumnado, fomentando a súa actitude crítica no tocante a información que encontran na rede.
- Desenvolver a imaxinación , a creatividade e a mellora da exposición oral.
- Tomar conciencia do importante valor das novas tecnoloxías para o aprendizaxe e a educación, a parte do ocio e disfrute.
Competencias básicas desarrolladas:
- Competencia en comunicación lingüística: Referíndose á habilidade para utilizar dunha maneira correcta a lingua e interactuar cos compañeiros e compañeiras de maneira oral e escrita.
- Competencia sobre o territorio de Galiza A primeira fai referencia as capacidades para poder situar no mapa o lugar do cal procede o suxeito do que se fale ; e a Competencia tecnolóxica, que trata de como aplicar estos coñecementos sobre as festas e o seu lugar de orixe , e poder ensinar o aprendido.
- Competencia dixital. Isto implica o uso seguro e crítico das TIC´s para poder obter, analizar, producir e intercambiar información.
- Aprender a aprender é unha das principais competencias, xa que implica que o alumnado desenvolva a súa capacidade para realizar a aprendizaxe , organizar a súas tarefas e o tempo, e traballar de maneira individual ou colaborativa para conseguir un obxetivo individual ou común.
- Sentido da iniciativa , esto implica que se mostren as habilidades , como a creatividade e planificar e xestionar o proxecto que se vai a realizar.
Autores e autora: La MaMi
E-mail: lamami.nntt2019@gmail.com
Sitio web: https://troulagalega.blogspot.com