Coa realización deste traballo , queremos aumentar coñecementos ao alumnado sobre cales son algunhas das festas máis importantes de Galiza; coa realización deste traballo queremos que os grupos traballen en equipo e tamén de maneira individual, e que aporten contidos ao grupo para que non todo o proxecto o realice unha única persoa.
En relación a exposición do traballo ,intentámos que o alumnado se desenvolva con gran acerto na exposición do traballo realizado polo grupo en total. Por outro lado , con esta actividade queremos que o alumnado ademáis de aprender costumes e tradicións das festas da nosa autonomía, aprenda a traballar en grupo e que sepa como tratar o tema no só dende o punto de vista dunha persoa , senón que tratando de uniros puntos de vista das persoas de todo o grupo.
Finalmente, dicir que con esta actividade queremos que o alumnado coñeza cales son as festividades galegas máis importantes e as súas características. Ademáis , queremos que o alumnado coñeza tamén en que lugar de Galiza se atopan estas festas.