VIDE DE GALAICOS
Para que veñades de Galaicos é moi sinxelo, só se precisan dúas premisas: Gañas e sentido común. Os galaicos que vivían na Cidá eran moi parecidos a actualidade, pertencían a clases sociais diferentes, non eran nin incultos, nin primitivos, nin barbaros, mais ben foron todo o contrario, foi unha xente moi ben organizada e comprometida coa súa propia Tribo. Todos tiñan un papel moi importante na conformación e desenvolvemento da Cidá. Para converterte en Galaico por un día, tes que vir de forma sinxela e comoda, pon unha saia de cor, mais unha túnica de Liño ou téa similar,nos pes unhas sandalias de coiro e xa case estas axeitado para vivir un día na Cidá, si ademais engades algunha xoia que pode ser acorde a ese tempo, está feito o atrezzo todo. Amáis disto sinxelo que vos dixen, vinde con gañas de cantar, bailar e desfrutar deste retroceso na máquina do tempo. Imaxinade que estades naquel momento exacto (Seculo I denantes) nunha Cidá chea de vida e colorido!.
Agradecemento especial que lle debemos a Paco Boluda (Growia) por facilitarnos toda a información posible, ademais destas imaxes.
Cando imos a unha festa histórica queremos facer o máximo posible por agradar a amigos e coñecidos, as veces o que facemos e complicar a propia existencia do evento. Por iso debemos evitar caer na sofisticación. O mais sinxelo é sempre o mais acorde coa festa. Como dixemos antes: Vide Con moitas gañas e sentido común!
O Domingo 1 de Setembro de 2024 subiremos ao máis alto da croa para festexar un día enteiro na Cidá, alií nese lugar lembraremos como vivían após os nosos ancestros, voltaremos para ollar o Ara Solis como o fixeron no Século I denantes.
A Cida é ese lugar marabilloso que se ergue enriba mesmo do noso río Miño e que naqueles tempos era unha importante vía de comunicación co mundo.
A idea xorde dunha xuntanza de amigos que devecemos pola cultura Galaica e todo ese misterioso e máxico mundo ancestral. Porque aquí en Galicia aínda son moitos os enigmas e segredos desa cultura pre-Romana e prehistórica, por iso foi que naceu a idea de loar un día na Cidá, cunha festa para dedicar alguns dos costumes e rituais daqueles nosos antepasados, e ímolo facer recreando unha parte desa historia hoxe case esquecida. Pensamos que non podía ser outro lugar que non fose a Cidá , ese castro Galaico marabilloso que se ergue por enriba de todos os outros deste noroeste peninsular: A nosa xoia elexida foi O CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS-San Amaro/Punxín.
A Cidá de Las sempre foi enclave estratéxico dende a súa orixe, é por iso que pola súa dimensión foi unha cidade de grande actividade comercial e onde as súas familias vivían en gran parte desa actividade de compra e venda. O viño, a cervexa, o pan a artesanía, todos os produtos elaborados eran comercio diario na Cidá. Sabemos tamén por varios estudos antropolóxicos que xa había viño antes da chegada dos romanos (de feito atopáronse varios lagares rupestres por toda a comarca do ribeiro e tamén moi próximos ao Castro ). A Cidá era un enclave idóneo para a súa comercialización e a contorna dos ríos Avia, Miño, Barbantiño e Arenteiro o habitat necesario para o cultivo da vide. Por suposto a gandaría e a agricultura próxima ao Castro facía de subsistencia das numerosas familias afincadas na Cidá.
Como este ano vai ser o primeiro, queremos dedicarllo aos Deuses para que nos iluminen nese camiñar, e por iso que parte do espectáculo que se vai representar na Cidá , vai dirixido a esa temática: relixiosidade ancestral, druidismo e espiritualidade dos nosos antepasados.
Este proxecto é coma un gran Trisquel que comeza a camiñar, e para iso ten tres pes fundamentais para que logre funcionar, por iso imos precisar que o proxecto sexa:
Creativo
Sostible
Colaborativo