Horarios e Programa
Sábado 31 de Agosto e Domingo 1 de Setembro
2024
2024
III FESTIVAL CELTICO SAN AMARO [2024]
Cos grupos de música de Raíz:
Zurrumalla e Leirabuxo
Leirabuxo son:
Carla Rey (Voz e pandeireta)
Lia Rey (Voz e pandeireta)
Manuel Varela (Acordeón)
David F. Carril "Visan" (Saxo e voz)
Carlos Fandiño (Gaitas)
Xosé Luis Barreiro (Gaitas)
Román Varela (Tamboril)
Carlos Varela "Pulgui" (Bombo e voz)
Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores no ano 2010 froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles...din "a verdade é que leiramos ben", fixeron que se xuntaran para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galiza con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome de Leirabuxo.
Zurrumalla siguen sendo:
Patri Gonzalez (Pandeireta, culleres e voz).
Carlos Sabariz, Pelouro(bombo e pratos).
Suso Comesaña (Gaitas en Do e La, saxo soprano, piñas e voz).
Juan Comesaña, Viti (Tamboril, caixa, culleres, triangulo).
Nacho Alvarez (Acordeon, choca, e voz).
Bieito Lobariñas (Gaita en Do e La, zanfona, pandeiro, cunchas e voz)
Zurrumalla naceu como grupo ala por febreiro do ano 2000 cando un grupo de amigos decidiron dar pulo os seus anceios e inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos seus quefaceres cotiáns para ensaios por acá e acolá, foron quen de ilusionarsee gozar coas notas que ían arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela crearon un universo no que se sinten unidos, ledos e orgullosos.
O sus desexo e compartir ese gozo, ledicia e orgullo amais de que entre todos e todas, dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, ao longo dos moitos concertos pola xeografía do pais, procuran ofrecer o mellor como gaiteiros peden arrincas de si mesmos.
Con Dar Trela Teatro (O Carballiño).
Asociación de amigos do Entroido Ribeirao (Chantada)
RECREACIÓN GALAICA E XANTAR CASTREXO
Coas asociacións Tir Na n´Og e Terra Copora.
Obradoiro de Xoiaría e demostración de varias pezas replicadas da Cidá de Las.
Demostración de réplicas de coitelos e machados.
Elaboración de Calzado.
Cociña e recreación dun xantar Castrexo.
VODA CASTREXA NA CIDÁ
Con Dar Trela Teatro (O Carballiño).
Música Ancestral
Grupo de animación de música ancestral de Santiago de Compostela.
XANTAR NA CIDÁ
Para reservar xantar chamar ao 699 060 470
MÚSICA ANCESTRAL
Co grupo musical Gaeloc
Pasarúas na Cidá
RECREACIÓN GALAICA E ADESTRAMENTO DE COMBATE
Coas asociacións Tir Na n´Og e Terra Copora.
Obradoiros castrexos para os mais cativos.
Recreación do oficio textil e elaboración de culleres de madeira.
Adestramento dos guerreiros Galaicos.
DRUÍDAS NO SOLPOR DO CASTRO
Danza cerimonial
Con Dar Trela Teatro (O Carballiño).