ENTRADA DE BALDE!


SÁBADO 2 de SETEMBRO (12.00 - 22.00 h.)

O Sábado 2 de Setembro de 2023 subiremos ao máis alto da croa para festexar un día enteiro na Cidá, ali nese lugar lembraremos como vivían após os nosos ancestros, voltaremos para ollar o Ara Solis como o fixeron no Século I denantes.


CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS- SAN AMARO(OU)

A Cida é ese lugar marabilloso que se ergue enriba mesmo do noso río Miño e que naqueles tempos era unha importante vía de comunicación co mundo.

[OENACH-UN DÍA NA CIDÁ]

A idea xorde dunha xuntanza de amigos que devecemos pola cultura Galaica e todo ese misterioso e máxico mundo ancestral. Porque aquí en Galicia aínda son moitos os enigmas e segredos desa cultura pre-Romana e prehistórica, por iso foi que naceu a idea de adicar  un día na Cidá, cunha festa para louvar alguns dos costumes e rituais daqueles nosos antepasados, e ímolo facer recreando unha parte desa historia hoxe case esquecida. Pensamos que non podía ser outro lugar que non fose a Cidá , ese castro Galaico marabilloso que se ergue por enriba de todos os outros deste noroeste peninsular: A nosa xoia elexida foi O CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS-San Amaro/Punxín.

A Cidá de Las  sempre foi enclave estratéxico dende a súa orixe, é por elo que pola súa dimensión foi unha cidade de grande actividade comercial e onde as súas familias vivían en gran parte desa actividade de compra e venda. O viño, a cervexa, o pan a artesanía, todos os produtos elaborados eran comercio diario  na Cidá. Sabemos tamén por varios estudos antropolóxicos que xa había viño antes da chegada dos romanos (de feito atopáronse varios lagares rupestres por toda a comarca do ribeiro e tamén moi próximos ao Castro ). A Cidá era un enclave idóneo para a súa comercialización e a contorna dos ríos Avia, Miño, Barbantiño e Arenteiro o habitat necesario para o cultivo da vide. Por suposto a gandaría e a agricultura próxima ao Castro facía de subsistencia das numerosas familias afincadas  na Cidá. 

Como este ano vai ser o primeiro, queremos adicarllo aos Deuses para que nos iluminen nese camiñar, e por elo parte do espectáculo que se vai representar  na Cidá , vai dirixido a esa temática: relixiosidade ancestral, druidismo e espiritualidade dos nosos antepasados.

Este proxecto é coma un gran Trisquel que comeza a camiñar, e para elo ten tres pes fundamentais para que logre funcionar, por iso imos precisar que o proxecto sexa:

PARA TODOS OS PÚBLICOS!