A continuación ofrecerémosvos diferentes recursos e fontes onde poderedes atopar todo tipo de información relevante para a vosa investigación; agora é o voso turno!
Para comezar, proporcionámosvos o acceso a unha pequena lista de diferentes animais na que se explican brevemente algunhas das semellanzas que posúen entre sí, así como a situación na que se encontran os mesmos actualmente.
Tras unha exhaustiva lectura do documento anterior, pasaremos á seguinte fase, averiguar as características destes animais, que poderedes atopar na páxina de Fauna Ibérica.
Adxuntámosvos tamén unha páxina moi interesante de BioEnciclopedia, posto que proporciona información moi útil e interesante acerca destes animais que estamos a traballar, e que vos pode servir de gran axuda xa non só para o voso traballo, senon que tamén para futuros traballos ou simplemente para coñecer máis sobre a fauna do planeta Terra.
Finalmente, agregamos o enlace a un blog no que se explica detallada e pormenorizadamente a situación que, por desgracia, están a sufrir algunhas especies da nosa contorna máis próxima.
Respecto á tarefa da última sesión, a exposición ante os compañeiros e compañeiras, esta non precisa ser realizada explícitamente mediante vía tecnolóxica, pero si que se recomenda o uso tanto de PowerPoint ou webs, totalmente gratuítas, como Canva ou Genially, xa que vos axudarán a crear unha presentación moi sinxela e visual da temática traballada. E tamén adxuntamos acceso á ficha que deberedes cubrir acerca de cada animal.