Os aspectos que teremos en conta para avaliar a actividade son os seguintes:
Traballo en grupo
Uso adecuado dos recursos
Redacción (faltas de ortografía, coherencia, cohesión, etc.)
Calidade da información.
Aqueles traballos que conteñan todos estes aspectos, contarán coa actividade apta.
Pola contra, factores como:
Non participación e interacción cos membros/as do grupo
Redacción deficiente
Empregar información non correspondente co que se pide
Dar información incompleta ou escasa ou que non sexa clara e detallada
Suporán ter que repetir de novo a actividade.