Adell (2004), define unha WebQuest coma “un tipo de actividade didáctica (…) que se basea en técnicas de traballo en grupo por proxectos e na investigación como actividades básicas de ensinanza/aprendizaxe.”
A partir da creación da nosa propia WebQuest ademáis de tratar de implantar o traballo cooperativo buscamos sensibilizar aos nenos de 5º curso de Educación Primaria para que sexan conscientes da cantidade de animais que se extinguen no mundo por cada minuto que pasa.
Podenos parecer algo lonxano e extraño, pero con esta actividade pretendemos dar a coñecer parte deses animais que, aínda que sendo tan comúns; corren un grave perigo.
Temática: Especies en peligro de extinción
Obxectivos e contidos curriculares:
Como recolle o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, na materia de Ciencias da Natureza, concretamente no bloque tres titulado Os seres vivos, aparecen contidos relacionados coa identificación dos seres vivos (características, clasificación e tipos), coa relación entre estes seres, coa súa observación e estudo, así coma da extinción das especies. Ao traballar este ámbito preténdese conseguir o obxectivo de coñecer a existencia dos animais, respectalos e evitar actuacións dañinas cara estes.
Asimesmo esta Unidade Didáctica está relacionada coa materia de Lingua Galega, en concreto cos bloques dous e tres, relacionados coa comunicación escrita (ler e escribir). Para atopar aos animais deben ler documentos e posteriormente, empregando a expresión escrita terán que completar unha ficha con eses datos previamente obtidos.
Materias nas que se pode traballar: Ciencias da Natureza.
Curso ao que vai dirixido: 5º de Educación Primaria.
Temporalización
Duración estimada: tres sesións
Primeira sesión: creación de grupos. Seleccionarán 5 animais por grupo e comezarán a búsqueda.
Segunda sesión: continuación da búsqueda. Cubrirán as fichas correspondentes e revisarán o traballo.
Terceira sesión: pequena exposición. Explicando o proceso de traballo, a información obtida e as semellanzas e diferenzas que atoparon entre os animais elixidos.
Obxectivos Xerais da Lingua Galega e das Ciencias Naturais:
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.
m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual.
o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galegas.
Obxectivos da WebQuest:
-Coñecer os distintos tipos de animais que existen.
-Descubrir características xerai e propias de cada animal.
-Relacionar aos animais co medio no que viven.
-Coñecer especies que están en perigo de extinción.
-Traballar a comprensión lectora e a expresión escrita.
-Concienciar sobre o coidado e preservación dos animais.
-Aprender a traballar en equipo.
Competencias básicas:
– 1º. Comunicación lingüística (CCL).
– 3.º Competencia dixital (CD).
– 4º. Aprender a aprender (CAA).
– 5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
– 7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).
Autoras: Antía Cuntín Viana, Anxela Diéguez Fernández, Eva Casar Rodríguez, Laura Cid Rodríguez.
Email: itecnoloxicas@gmail.com
Blog: https://innovandoeducandonastic.blogspot.com/
Imaxes: Todas as imaxes empregadas nesta WebQuest son de licencia libre extraídas da páxina https://pixabay.com/es/
Referencias:
Adell, J. (2004). Internet en el aula: las WebQuest. Edutec. Revista Electrónica De Tecnología Educativa, (17), 1-26, a036. https://doi.org/10.21556/edutec.2004.17.530
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Boletín Oficial del Estado. Madrid, 9 de setembro de 2014, núm. 171, pp. 37406-38087.
Licencia: