Son moitos os obxectivos que se poden lograr con esta experiencia. Algún destes obxectivos son:
• Integrar aos alumnos no traballo de equipo, como práctica de convivencia e apoio entre os alumnos e alumnas, xa sexa na lectura do diario en grupo ou redactando as novas que máis tarde vanse emitir.
• Fomentar a responsabilidade individual ante o programa libremente escollido.
• Poñer en contacto directo aos alumnos e alumnas e o ámbito escolar co barrio, pobo e sociedade.
• Fomentar e motivar a observación, sintetización e análise de feitos cotidiáns coma o funcionamento do observatorio meteorolóxico da escola, a escritura diaria da prensa e comentario da nova, análise dos feitos culturais e deportivos no ámbito local, rexional e nacional, análise dos programas de televisión, etc.
• Acostumar aos alumnos a utilizar o seu tempo libre en actividades culturais.
• Conseguir que os rapaces se desenvolvan entre institucións e organismos establecendo o diálogo coas persoas maiores.
• Aprender a exercer a liberdade de expresión.
• Potenciar a implicación e investigación sobre o entorno socio cultural no que se desenvolven os alumnos e alumnas.
• Utilizar a linguaxe como medio para a comprensión da realidade.
• Desenrolar a capacidade de inferencia comunicativa.
• Recoñecer e utilizar os elementos formais do medio radiofónico.
• Desenrolar métodos de pescuda de información manexando diversas fontes, escritas e orais.
• Participar nas tarefas de grupo .
Expresión oral
• Utilizar a linguaxe oral como medio para as diversas situacións comunicativas a nivel interpersoal.
• Aprender a pronunciar correctamente, adecuando o ton de voz ao contido da mensaxe.
• Corrixir a entoación, dicción, vocalización y recoñecemento da propia voz.
• Practicar diversas formas de expresión oral: conversas, exposicións, entrevistas.
• Empregar e ampliar o seu vocabulario activo, con palabras de distinto campo semántico.
• Capacidade para narrar, describir e explicar ideas e observacións seleccionando rasgos característicos
• Iniciarse na crítica destacando aspectos positivos e negativos.
• Adquirir dominio e control sobre a expresión verbal.
Expresión escrita
• Resumir informacións.
• Redactar informes, entrevistas, noticias.
• Confeccionar guións radiofónicos.
• Desenrolar a capacidade creativa mediante a elaboración de producións textuais propias.
Metodoloxía
• Visitar unha Radio.
• Buscar un nome para o seu programa.
• Desenrolar unha idea, para o que se lles pide que elaboren un guión.
• Gravar a súa produción radiofónica cun fin dobre: que dispoñan dun documento sonoro propio, o cal poidan levar a súas casas e que poidan realizar unha análise crítica das súas habilidades e, doutra banda, a progresiva construción dun banco sonoro como rexistro da actividade e do material producido para o seu posterior uso.
• Cada grupo elabora un programa. Preténdese que os alumnos sexan o centro do acto educativo e que sexan eles mesmos os que vaian descubrindo a necesidade de adquisición da aprendizaxe a partires da propia experiencia.
• O mestre actúa entón coma un mediador no acto educativo; é o que proporciona elementos de traballo aos alumnos.
Actividades radiofónicas:
• Formato:
- informativos
- musicais
- dramáticos
- reportaxes
- debates
- culturais
- simulacións
- etc
• Tarefas:
- locución
- guionización
- manexo de aparatos radiofónicos
- emisión e gravación
- producións
- audicións
- organización da emisora.
• Actividades pedagóxicas:
- presentación de temas
- actividades de motivación
- presentación de traballos
- desenrolo de actividades
- avaliación
- autoavaliación