No ano 2024 fará 10 anos que un aula antiga do terceiro piso do cole converteuse no que hoxe en día é o noso local da redio escolar e o estudo de gravación.
Despois dunha grande inversión económica e de horas de traballo na obra de transformación do local, en febreiro do 2014 quedaba inauguradaa nosa radio escolar. Por aquel tempo baixo o nome de "Compañía na Onda".
Da man de profesores como Alberto Hermáns ou Ana Naveiras realizáronse varios obradoiros de radios e programas especiais sobre o Día da Radio, especial San Valentín ou entrevistas a persoeiros como os escritores Marcos Calveiro, Santiago Jaureguízar ou o pintor ferrolán Edu Hermida.