Proxectos do alumnado


Neste obradoiro participaron preto de 160 alumnos/as de 2º a 4º da ESO

Traballando por equipos, puideron elixir a problemática sobre a que traballar e deseñar unha solución para mellorala. Estes son os temas principais elixidos polos estudiantes.

  • Mellorar a comunicación con pais/nais e educadores/as

  • Loitar contra a homofobia e a discriminación

  • Axudar ás persoas de xénero non binario a expresarse tal e como son

  • Cómo detectar e saír dunha relación tóxica

Empatizar, definir, idear, prototipar, testar... compartir!

Repartidos en 40 equipos de deseño, os/as estudiantes idearon e prototiparon solucións para os problemas máis acuciantes da área afectivo-sexual.

Para iso, seguiron a metodoloxía do Design Thinking, que permite crear solucións en equipo partindo dun profundo coñecemento do problema e da persoa que o padece.

Entre os prototipos atopamos todo tipo de ideas: creación de asociacións, apps, webs, brigadas, protocolos... pero sen dúbida, algo que todos demandan é dar continuidade á FORMACIÓN en materia afectivo-sexual, poder falar destes temas sen que sexa un tabú e expresar libremente a súa identidade sen ser xuzgados ou criticados.


Aquí podedes ver algúns dos traballos de deseño do alumnado

App contra o ciberacoso

A idea de este equipo consiste en crear unha app que poidas conectar aos teus perfís de redes sociais para que faga un análise do contido, seguidores, etc. Tras esta auditoría che fai un informe con recomendacións para prevenir e evitar o ciberacoso.

Charlas para prevenir relacións tóxicas

Este equipo detectou que falta información para que as persoas novas aprendan a identificar se están nunha relación tóxica. A súa solución consiste nunha serie de charlas para recoñecer condutas tóxicas (celos, control, desconfianza, etc.) nas nosas relacións.

App para mellorar a comunicación con pais e nais

O problema elixido por este equipo foi a falta de confianza para falar cos pais sobre educación afectivo-sexual. A súa proposta consiste nunha app con consellos e información para os pais e nais sobre como educar aos seus fillos nestes temas xa dende pequenos/as.

App / Web de diagnóstico de relacións tóxicas

Este equipo quería axudar aos adolescentes a saber se están nunha relación sana ou tóxica. Para iso idearon unha app/web cun cuestionario que hai que responder. O resultado do test é un diagnóstico: se estás nunha relación, sana, tóxica ou violenta.

Asociación para a educación afectivo-sexual

Este grupo de alumnos/as está preocupado de que falar de educación afectivo-sexual siga sendo un tabú. Para abordar este problema idearon unha asociación que imparta formacións e ofrezca un servizo gratuito para resolver dúbidas por parte de profesionais.

Asignatura sobre identidade e diversidade

Este equipo quere axudar ás persoas que teñan dúbidas sobre a súa identidade de xénero ou orientación sexual. A súa solución propón crear unha asignatura sobre identidade e diversidade sexual para normalizar as diferentes opcións e fomentar a tolerancia.

Liña de roupa LGTBIQ+

Este equipo quere axudar ás persoas a expresar a súa orientación sexual sen ser xuzgados. A súa proposta é deseñar unha liña de roupa da que sentirse orgullosos, que os empodere e exprese que forman parte do colectivo LGTBIQ+.

Serie de TV contra a homofobia

Hai moitas formas de combatir a homofobia. Este grupo de deseño propón a creación dunha serie de televisión que dea visibilidade e axude a normalizar a homosexualidade. A través dun produto audiovisual fomentarán o respeto e a tolerancia.

Axencia de viaxes para superar relacións tóxicas

Este grupo pensou en crear unha axencia de viaxes especializada en experiencias para persoas que queiran saír dunha relación tóxica. Mediante viaxes "similares aos do Imserso" darán alternativas de ocio saudable que reforcen a confianza para alexarnos dunha relación tóxica.

Como podedes observar, dun mesmo desafío de deseño poden xurdir solucións moi diferentes. Cando empoderamos aos/ás estudiantes a deseñar e prototipar as súas ideas danse conta de que poden mellorar as cousas e ter un impacto positivo no mundo.

As metodoloxías de deseño centrado no usuario (HDC) e o Design Thinking son unha ferramenta que poden aplicar a calqueira problemática da súa vida. Son procesos que fomentan a empatía, a definición do desafío de deseño, a creatividade e o prototipado rápido para testar as nosas ideas.

Implicar aos usuarios/as no deseño de solucións é unha forma moi eficaz de comprender de verdade como un problema afecta ás persoas.