CONMEMORACIÓNS
CONMEMORACIÓNS
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
No noso centro celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades destinadas a coñecer e poñer en valor a figura da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño, así como a promover e difundir as nosas tradicións culturais.
Para achegarnos á súa vida e obra, elaboramos un mural informativo no que o alumnado puido descubrir a súa traxectoria persoal e profesional, destacando a súa contribución á literatura, ao xornalismo e á defensa da lingua e da cultura galegas. Esta actividade permitiunos reflexionar sobre a importancia do seu legado e coñecer mellor a unha autora comprometida coa igualdade e coa identidade cultural de Galicia.
Ademais, mantivemos viva unha das tradicións máis fermosas da nosa cultura popular coa elaboración dos maios. O alumnado participou con entusiasmo na creación destas composicións tradicionais, empregando elementos naturais e mostrando a súa creatividade e o seu traballo en equipo. A celebración completouse cun ambiente festivo no que puidemos gozar desta manifestación cultural que anuncia a chegada da primavera e forma parte do noso patrimonio inmaterial.
Aproveitamos esta festividade para presentar o kamishibai elaborado polo alumnado do centro onde nos fala das distintas parroquias que conforman o noso Concello seguindo coa temática do proxecto "Vai de parroquias".
Con estas actividades, o noso centro reafirma o seu compromiso coa promoción da lingua galega e co coñecemento das nosas tradicións, fomentando no alumnado o respecto e o orgullo pola nosa cultura.
Queremos agradecer a implicación de toda a comunidade educativa, que fixo posible unha celebración tan enriquecedora e especial.