Os investigadores do Goberno en materia de familias, precisan da vosa axuda para realizar un estudo sobre a familia actual.
A vosa aportación consistirá en reflexar, a través dun vídeo, que elaboraredes en grupos de 4 persoas, a vosa percepción sobre a diversidade de familias e sobre a definición da figura paterna/materna, que fundamentaredes mediante a realización de diferentes actividades. Estes vídeos expoñeranse na clase unha vez rematados e posteriormente nunha exposición levada a cabo polo concello, coa fin de dar visibilidade e concienciar á sociedade sobre a diversidade de familias.