Contaredes con 1 sesión para investigar sobre o tema e formar una opinión propia ao respecto.
As seguintes 2 sesións destinaranse á elaboración e montaxe do vídeo final.
Na última sesión, e non menos importante, proxectaremos os vídeos de cada grupo e chegaremos a una conclusión conxunta sobre a diversidade de familias e a idea de figura paterna.
Actividade 1: falaredes en grupo sobre as familias de cada membro.
Actividade 2: veredes o vídeo que aparece ao final da páxina para poder soñecer un pouco máis sobre o tema.
Actividade 3: poñeredes en común entre as persoas que conforman o grupo as súas ideas sobre que significa a familia. Despois de debatir entre todos, decidir unha única resposta á pregunta. Para ter máis clara a idea podedes facer un esquema nun folio, isto servirá de axuda para a seguinte actividade.
Actividade 4: Para facer o vídeo, os membros do grupo gravaranse dicindo á cámara o que pensades que é unha familia así como tamén deberedes explicar a existencia de distintos tipos de familia, alomenos as 3 dos vosos compañeiros/as de grupo.
Actividade 5: mediante o editor de vídeo que atoparedes nos propios ordenadores da aula de informática, xuntaredes todas as partes gravadas para formar así o vídeo final.
Actividade 6: presentaredes no vídeo na clase, e faredes unha reflexión sobre o que aprendestes nestas sesións.