Como ben sabedes, en moitas clases temos compañeiros e compañeiras con TEA. Con motivo de inclusión, aprenderemos e/ou repasaremos algúns datos sobre este trastorno.

Con esta webquest querovos invitar a que coñezades o mundo TEA, mundo tan interesante e pouco coñecido. Colle a mochila que imos a un centro de educación especial de nenos e nenas autistas.

Teredes que facer todas as tarefas que atopedes a través dos recursos que mostraranse. Logo, teredes que responder a unha gran pregunta final.

Síntete no mundo TEA por un día, vendo as súas rutinas, qué actividades realizan, que sinten ....

Axudádeme a conseguir un perfil característico dun neno/a TEA.