O Equipo da Biblioteca, dentro do seu Proxecto Documental Integrado, organizou unha visita ao Centro Ocupacional O Saiar para un grupiño de alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO.
O noso obxectivo era que descubrisen o gran traballo desenvolvido por unhas persoas moi especiais coas que compartimos unha xornada inesquecible.
Ensináronnos todo o proceso de encadernación de libros; fixemos obradoiros de cestería; explicáronnos os seus labores de xardinaría e carpintaría e, ademais, amosáronnos os seus traballos creativos.
A rapazada descubriu novas formas de aprendizaxe e constatou que todos e todas temos moito que aportar á sociedade.