O 24 de xaneiro visitounos o biólogo e investigador Xurxo Mariño. A súa viaxe polos cinco continentes conseguiu entusiasmar ao alumnado de 1º de bacharelato.
Este encontro foi organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo de Dinamización da biblioteca.
Xurxo Mariño asina o libro da biblioteca e un exemplar do seu libro, Neurociencia para Julia.
Como epílogo a súa charla, unha reflexión: "Se coñecemos o noso entorno, saberemos interpretar o resto do mundo por lonxano que nos pareza."