Campo através

Campionato Provincial de Campo a través (Xogade)

Martes, 25 de xaneiro de 2021

Convocouse o Campionato Provincial de Campo a través. A data límite para entregar a ficha de inscrición é o xoves 3 de febreiro ás 12h na caixa de Deporte Escolar que hai en conserxería. Adxunto a ficha de inscrición e a continuación un resumo do máis destacado da convocatoria:


NORMATIVA


Art. 1.- Data e lugar. Esta competición levarase a cabo o domingo 13 de febreiro na Azucareira de Portas (Caldas de Reis).


Art. 2.- Categorías. A proba está destinada ás seguintes categorías: benxamíns (2013 -2014), alevíns (2011-2012) infantís (2010-2009) e cadetes (2008-2007) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por categoría e por sexo, facendo saídas cada 20” por quendas dun máximo de 20 participantes cada unha. Na categoría cadete haberá unha única saída para nenos e outra para nenas.

Art. 6.- Horario provisional e distancias.

Art. 7.- Resultados. Realizarase unha clasificación individual, segundo os tempos de entrada en meta, e outra por equipos; para cada unha das categorías. A clasificación por equipos será elaborada só cos atletas (6 máximo) dos equipos que entren na meta co mínimo esixido para clasificar, que é de tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) atletas por entidade. Sumaranse os postos destes tres/catro, resultando vencedor o equipo que menos puntos sume. Para elaborar esta clasificación, eliminaranse os postos dos deportistas que non teñan equipo completo. En caso de empate resultará vencedor o equipo que teña o mellor posto individual.

Art. 8.- Composición de equipos. Os equipos estarán formados polos seis primeiros deportistas que entren na meta de cada categoría e sexo, polo que non será necesario indicar os compoñentes de cada un na inscrición. Na clasificación final por equipos recolleranse un máximo de dous por entidade indicándose co engadido “A” e “B”. Art. 9.- Premios. Haberá medallas para os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais de cada categoría e sexo en cada unha das fases. No apartado de equipos haberá medallas para os tres mellores equipos clasificados de cada categoría e sexo.


Art. 10.- Sistema de clasificación. Para a fase autonómica (alevín, infantil e cadete) clasificarán os dez primeiros atletas individuais así coma os dous mellores equipos de cada categoría e sexo (os equipos estarán compostos por un máximo de 6 e un mínimo de 3 en cadetes e 4 no resto de categorías).


Art. 12.- Protocolo.

Atletas de categoría cadete

- Antes da entrega do dorsal deberán presentar certificado de vacinación COVID ou da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba; ou certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.

- Haberá unha única saída, todos os participantes deberán portar máscara no inicio da proba podendo retirala no momento que se garanta a distancia de seguridade durante o transcurso da proba, na chegada a meta os participantes deberán colocala novamente. No caso de ser necesario a organización facilitará máscaras de reposto.

Atletas de categoría benxamín, alevín e infantil

- Declaración responsable programa Xogade entregada a entidade correspondente [Incluído na ficha de inscrición].

- Saídas en quendas de ata 20 participantes que deberán manter a distancia de seguridade de 1,5m na saída, e que poderán retirar a máscara no momento da indicación do xuíz de saídas antes do disparo. A cadencia entre quendas será dun mínimo de 20 segundos. Unha vez finalizada a carreira, o atleta deberá colocar a máscara, empregando unha persoal ou a facilitada pola organización.


Art. 11.- Outros. Todo o non disposto neste regulamento resolverase de acordo á normativa XOGADE e atendendo ao descrito no protocolo FISICOVID da Federación Galega de Atletismo.

Autorización

09_Ficha inscrición PROV campo a traves.pdf