Traballos Proxecta

Os deportes paralímpicos vistos dende a relación mente/corpo

Mércores, 16 de xuño de 2022

Este traballo pretende remarcar a importancia da práctica do deporte e do desenvolvemento dunha vida saudable ao longo da nosa vida. Ao tempo que da relación mente/corpo: o pensamento, a vontade, os estados de ánimo poden influír cara a consecución das metas que nos marcamos na vida e/ou na superación das dificultades. Exemplificamos esta temática cos xogos paralímpicos mostrando casos de persoas que conseguen medrarse nas situacións máis adversas.

Sobre a historia das paralimpíadas

E algo máis que evidente que unha das funcións primordiais do deporte é o desenvolvemento da deportividade. O cumprimento das regras propias de cada deporte así como o respecto cara ao contrincante. Unha boa deportista é, ou debe ser, recoñecida por ter acadados os seus trofeos sempre dentro do ámbito da legalidade deportiva. E isto ocorre dende que se establece o deporte regrado no que os Xogos olímpicos da Antiga Grecia a partir do ano 776 a.C. foron un exemplo.

A historia dos Xogos Paralímpicos empezou en 1960 na cidade de Roma. Antonio Maglio, director do Centro de Lesionados Medulares ( INAIL) de Ostia, propuxo que os IX Xogos Internacionais de Stoke Mandeville (denominación oficial dos Xogos Paralímpicos de Roma) celebrásense aquel ano na capital italiana, coincidindo cos Xogos da XVII Olimpíada. Os Xogos comezaron seis días despois de que finalizasen os Xogos Olímpicos de Verán, e contaron co apoio da INAIL e das autoridades italianas, tal e como o demostra o feito de que fose a primeira dama, Carla Gronchi, a encargada de inaugurar ese acontecemento no Estadio Olímpico de Roma. Un dos momentos de maior resonancia daquelas “Olimpíadas para minusválidos” (o termo Xogos Paralímpicos non foi aprobado polo Comité Olímpico Internacional ata 1984) foi a audiencia privada que concedeu o Papa Xoán XXIII a todos os participantes. Nunha audiencia posterior, Xoán XXIII eloxiou o labor de sir Ludwig Guttmann e dedicoulle unha frase memorable, na que lle comparou co fundador dos Xogos Olímpicos da era moderna: “vostede é o Coubertin dos discapacitados”.

Os Xogos Paralímpicos de Roma foron os primeiros Xogos Internacionais para discapacitados que se desenvolvían nas mesmas instalacións e sedes que os Xogos Olímpicos, polo que o Comité Organizador tivo que efectuar varios acondicionamentos técnicos para a accesibilidade dos deportistas.

Consideramos que se motivou e sensibilizou ao alumnado cara a incorporación de hábitos de vida activa e consumo de actividade física e exercicio físico no seu día a día.

O traballo realizado polo alumnado valeu para fomentar, dende o centro, a adquisición de hábitos de vida activa e saudable. Un hábito recomendado para todos os membros da sociedade con independencia das súas cualidades físicas e/ou psíquicas de cada persoa. Ademais se considerou a importancia da relación mente/corpo no sentido de remarcar o papel da vontade cara a consecución das metas que nos gustaría acadar nas nosas vidas así como a superación das adversidades coas que toda persoa se pode atopar na vida.

Xornal valores paralimpiadas curso 2021 2022 Rematado.pdf

Deporte escolar en Radio Mocidade

Martes, 31 de maio de 2022

No 1º trimestre, desputamos nos recreos unha competición de brilé. O grupo vencedor resultou ser 2º ESO A, polo que os alumnos deste grupo, Érika Benade e Juan Gentil, pasaron pola radio do instituto,Radio Mocidade, para contar a súa experiencia. Xunto a Lara Álvarez e Martín Mosquera, compartiron impresións deste evento e opinaron sobre o deporte escolar. Na cabina de son, acompañounos o alumno Juan Manuel da Cuña, do Ciclo de Electrónica.

Se queredes descubrir máis, podedes picar no seguinte enlace e escoitar o programa:

https://radiomocidade.gal/brile-no-ies/

Le sport rend la vie meilleure!

Martes, 31 de maio de 2022

Durante este mes os estudantes de 4ºESO A e B convertéronse en publicistas creando unha campaña en francés para promover a práctica do deporte. Fixeron un gran traballo!

Le sport rend la vie meilleure.mp4

Traballos Proxecta - Análise de azucre inxerido (1ºESO)

Venres, 1 de abril de 2021

O alumnado de 1º de ESO C e D realizaron un análise do azucre que inxiren no seu almorzo a diario. O feito de ver en sobres azucre, a cantidade del que leva un zumo ou un iogur foi impactante para eles. Ao rematar, fixemos unha reflexión da actividade física que tiñan que facer para consumir o azucre que inxiren de máis a diario.

Vídeo.MOV