Novidades

Mañá en kayak polo río Miño

Luns, 4 de xullo de 2022

O grupo de 1 ESO A, gañador dos "Xogos Olímpicos dos recreos" e do "Entroido", xunto con 2 ESO E, gañador do concurso "Aula limpa", puideron gozar dunha mañá divertida e deportiva navegando en kayak polo río Miño.

Vida saudable e activa (FP Básica Electrónica)

Luns, 4 de xullo de 2022

O alumnado de FP Básica de electrónica realizou un traballo para dar a coñecer os beneficios e as claves para ter unha vida activa e saudable. Incrementar a actividade física é fundamental.

vida activa.MOV

Trofeo 1ºA

Mércores, 29 de xuño de 2022

Aquí temos ao equipo gañador dos Xogos Olímpicos dos recreos posando co seu merecido trofeo. Parabéns!

Xornada deportiva do 22 de xuño

Martes, 28 de xuño de 2022

O pasado 22 de xuño todo o alumnado do IES puido gozar dunha xornada deportiva. As disciplinas foron: brilé, bádminton, tenis de mesa, fútbol tenis, equilibrio, discos voadores e pelota divertiva.

Fotos Deporte 2

Mércores, 22 de xuño de 2022

Fotos da entrega de trofeos e medallas do deporte dos recreos e do campionato de Campo a través por clases disputado en novembro.

Fotos Deporte 1

Mércores, 22 de xuño de 2022

Fotos da entrega de trofeos e medallas. Hai que lembrar que os trofeos e medallas dos campionatos dos recreos os deseñaron e imprimiron o alumnado do departamento de tecnoloxía.

Impresión 3D

Martes, 21 de xuño de 2022

O que facía a impresora 3D eran os trofeos e medallas dos Xogos Olímpicos dos recreos. A entrega farase o mércores 22!

Vida saudable

Martes, 21 de xuño de 2022

As compañeiras de Educación plástica visual e audiovisual, Nerea e Uxía, fixeron este vídeo sobre hábitos de vida saudables. Fagámoslles caso e disfrutemos da vida.

VID-20220621-WA0013.mp4

Imprimindo en 3D... Que será? (Parte 2)

Martes, 21 de xuño de 2022

Unha vez impresos en 3D os obxectos tivéronse que realizar traballos de acabado. Pero, que será o que se imprimiu?

Trofeo XX.OO.

Martes, 21 de xuño de 2022

Xa está listo o trofeo dos XX.OO. dos recreos para o grupo que máis participou e mellores resultados acadou.

Trofeos campionato de axedrez

Venres, 17 de xuño de 2022

Xa temos preparados os trofeos para os gañadores no campionato de axedrez que tivo lugar nos recreos deste último trimestre e que foi organizado polo departamento de portugués.

Imprimindo en 3D... Que será? (Parte 1)

Mércores, 16 de xuño de 2022

Estes días temos instalada na sala multiusos do instituto a impresora 3D. É ben seguro que está traballando arreo, pero no todos sabemos que estará imprimindo. Que será?

Que será.mp4

Préstamo de material nos recreos

Mércores, 16 de xuño de 2022

Están dispoñibles en conserxería dous xogos de tenis de mesa compostos por rede, dúas palas e unha bola. Podedes pedilos para xogar nos recreos. Ademais tamén temos discos voadores cos que podedes practicar as vosas habilidades.

Resultados finais recreos

Mércores, 16 de xuño de 2022

Debido á falta de tempo para rematar o torneo de bádminton, xa fixemos o reconto da participación e resultados nos torneos xa rematados do primeiro, segundo e terceiro trimestre. Co que xa temos gañador dos Xogos Olímpicos!. E a clase gañadora foi.... 1 ESO A!!!! Parabéns a todo o alumnado participante nos torneos e en especial ao grupo gañador que poderá disfrutar dunha xornada deportiva en kayak a semana que vén.

Os deportes paralímpicos vistos dende a relación mente/corpo

Mércores, 16 de xuño de 2022

Este traballo pretende remarcar a importancia da práctica do deporte e do desenvolvemento dunha vida saudable ao longo da nosa vida. Ao tempo que da relación mente/corpo: o pensamento, a vontade, os estados de ánimo poden influír cara a consecución das metas que nos marcamos na vida e/ou na superación das dificultades. Exemplificamos esta temática cos xogos paralímpicos mostrando casos de persoas que conseguen medrarse nas situacións máis adversas.

Sobre a historia das paralimpíadas

E algo máis que evidente que unha das funcións primordiais do deporte é o desenvolvemento da deportividade. O cumprimento das regras propias de cada deporte así como o respecto cara ao contrincante. Unha boa deportista é, ou debe ser, recoñecida por ter acadados os seus trofeos sempre dentro do ámbito da legalidade deportiva. E isto ocorre dende que se establece o deporte regrado no que os Xogos olímpicos da Antiga Grecia a partir do ano 776 a.C. foron un exemplo.

A historia dos Xogos Paralímpicos empezou en 1960 na cidade de Roma. Antonio Maglio, director do Centro de Lesionados Medulares ( INAIL) de Ostia, propuxo que os IX Xogos Internacionais de Stoke Mandeville (denominación oficial dos Xogos Paralímpicos de Roma) celebrásense aquel ano na capital italiana, coincidindo cos Xogos da XVII Olimpíada. Os Xogos comezaron seis días despois de que finalizasen os Xogos Olímpicos de Verán, e contaron co apoio da INAIL e das autoridades italianas, tal e como o demostra o feito de que fose a primeira dama, Carla Gronchi, a encargada de inaugurar ese acontecemento no Estadio Olímpico de Roma. Un dos momentos de maior resonancia daquelas “Olimpíadas para minusválidos” (o termo Xogos Paralímpicos non foi aprobado polo Comité Olímpico Internacional ata 1984) foi a audiencia privada que concedeu o Papa Xoán XXIII a todos os participantes. Nunha audiencia posterior, Xoán XXIII eloxiou o labor de sir Ludwig Guttmann e dedicoulle unha frase memorable, na que lle comparou co fundador dos Xogos Olímpicos da era moderna: “vostede é o Coubertin dos discapacitados”.

Os Xogos Paralímpicos de Roma foron os primeiros Xogos Internacionais para discapacitados que se desenvolvían nas mesmas instalacións e sedes que os Xogos Olímpicos, polo que o Comité Organizador tivo que efectuar varios acondicionamentos técnicos para a accesibilidade dos deportistas.

Consideramos que se motivou e sensibilizou ao alumnado cara a incorporación de hábitos de vida activa e consumo de actividade física e exercicio físico no seu día a día.

O traballo realizado polo alumnado valeu para fomentar, dende o centro, a adquisición de hábitos de vida activa e saudable. Un hábito recomendado para todos os membros da sociedade con independencia das súas cualidades físicas e/ou psíquicas de cada persoa. Ademais se considerou a importancia da relación mente/corpo no sentido de remarcar o papel da vontade cara a consecución das metas que nos gustaría acadar nas nosas vidas así como a superación das adversidades coas que toda persoa se pode atopar na vida.

Xornal valores paralimpiadas curso 2021 2022 Rematado.pdf

Súper Copa de fútbol tenis por parellas

Xoves, 2 de xuño de 2022

O equipo ganador do torneo de 1° e 2° de ESO (1 ESO A) e o ganador do resto de niveis (CMIT) xogaron un partido final a modo Súper copa. A pesar da diferenza de idade entre os dous equipos, o partido estivo moi igualado e rematou 21-18 para o Ciclo Medio de Instalacións de telecomunicaciones. Parabén!

Deporte escolar en Radio Mocidade

Martes, 31 de maio de 2022

No 1º trimestre, desputamos nos recreos unha competición de brilé. O grupo vencedor resultou ser 2º ESO A, polo que os alumnos deste grupo, Érika Benade e Juan Gentil, pasaron pola radio do instituto,Radio Mocidade, para contar a súa experiencia. Xunto a Lara Álvarez e Martín Mosquera, compartiron impresións deste evento e opinaron sobre o deporte escolar. Na cabina de son, acompañounos o alumno Juan Manuel da Cuña, do Ciclo de Electrónica.

Se queredes descubrir máis, podedes picar no seguinte enlace e escoitar o programa:

https://radiomocidade.gal/brile-no-ies/

Le sport rend la vie meilleure!

Martes, 31 de maio de 2022

Durante este mes os estudantes de 4ºESO A e B convertéronse en publicistas creando unha campaña en francés para promover a práctica do deporte. Fixeron un gran traballo!

Le sport rend la vie meilleure.mp4

Final de Fútbol tenis por parellas 1º e 2º ESO (XXOO)

Venres, 27 de maio de 2022

Chegaban á fase final de fútbol tenis por parellas Diego/Lucas (1ºB), Xoel/Edgar (1ºA), Pablo/Iván (1ºA) e Diego/Álvaro (1ºC). As semifinais colocaban a Diego/Lucas e a Xoel/Edgar na loita polo terceiro posto, resultando gañadores Diego e Lucas por 2 xogos a 1. A final deu a medalla de ouro a Pablo e Iván de 1ºA mentres que a de prata foi para Diego e Álvaro. Parabéns!

Final de Fútbol tenis por parellas maiores (XXOO)

Venres, 27 de maio de 2022

Á final de fútbol tenis por parellas unicamente chegou o alumnado de CM de Telecomunicacións, enfrontándose Javier e Samuel contra Pedro e Santi. Resultaron gañadores Pedro e Santi por 2 xogos a 0.

Bádminton (Deporte escolar)

Venres, 27 de maio de 2022

Aquí están as clasificacións finais. Para ampliar a información consultade a páxina web de Agrudebam no enlace https://www.agrudebam.es/horario-extraescolar/b%C3%A1dminton/

Clasificación Infantil e cadete.pdf

Bádminton (Deporte escolar)

Venres, 27 de maio de 2022

Durante parte de abril e todo o mes de maio disputouse o campionato de bádminton organizado por Agrudebam. O noso centro enviou unha expedición de infantís e cadetes. Os clasificados tiveron que enfrontarse ao alumnado de Tui na xornada final do 25 de maio.

Bádminton

Xoves, 26 de maio de 2022

Dende hoxe (26 de maio) e ata final de curso, tódolos xoves e venres nos recreos e na pista de baloncesto, poderedes xogar ao bádminton. Se o desexas podes levar a túa propia raqueta!

Segunda semifinal de fútbol tenis

Mércores, 27 de abril de 2022

Segunda semifinal entre Xoel/Edgar de 1°A e Diego/Álvaro de 1°C.

Carteis de bádminton

Sábado, 23 de abril de 2022

Cartelería realizada polo alumnado de Educación Plástica e Visual do IES Antón Alonso Ríos anunciando as actividades de Deporte Escolar que terán lugar os mércores a partir da próxima semana e que se levarán a cabo fora do horario escolar.


NOTA: Estes e outros carteis realizados polo alumnado de plástica os poderedes ver nos pasillos do centro.


SKMBT_423_I22042212590.pdf
SKMBT_423_I22042112360.pdf
SKMBT_423_I22042013080.pdf
SKMBT_423_I22042013081.pdf
SKMBT_423_I22042013070.pdf

Primeira semifinal de fútbol tenis

Venres, 22 de abril de 2022

Hoxe comeza a fase final de fútbol tenis. En xogo a primera semifinal entre Diego/Lucas de 1°B e Pablo/Iván de 1°A.

Competición bádminton

Venres, 15 de abril de 2022

Á volta das vacacións de Semana Santa comenzará a competición de Bádminton organizada por Agrudebam. Esta competición constará de dúas xornadas clasificatorias e unha xornada final.


A categoría cadete xogará o mércores 27 de abril e o mércores 11 de maio. Mentres que a categoría infantil o fará os mércores 4 e 18 de maio. A final para todo o alumnado clasificado será o mércores 25 de maio.


O horario está aínda por determinar pero previsiblemente será de 16:30 a 19:30, a excepción da final que seguramente se alongue un pouquiño máis.


Para participar pide unha folla de inscrición en conxersería e entrégaa cuberta na caixa de Deporte Escolar que hai en conserxería antes do venres 22 de abril.

Resultados de atletismo en pista

Venres, 8 de abril de 2022

Xa temos os resultados da xornada de atletismo en pista na que participou o alumnado de 1º e 2º da ESO o pasado día 25. Gran actuación do noso alumnado, parabéns a todos e a todas!.


Tendes os resultados completos na páxina de Agrudebam, a entidade organizadora do evento, https://www.agrudebam.es/horario-lectivo/atletismo/

Traballos Proxecta - Análise de azucre inxerido (1ºESO)

Venres, 1 de abril de 2022

O alumnado de 1º de ESO C e D realizaron un análise do azucre que inxiren no seu almorzo a diario. O feito de ver en sobres azucre, a cantidade del que leva un zumo ou un iogur foi impactante para eles. Ao rematar, fixemos unha reflexión da actividade física que tiñan que facer para consumir o azucre que inxiren de máis a diario.

Vídeo.MOV

Proba de atletismo (Fotos)

Venres, 1 de abril de 2022

O pasado venres 24 de marzo leváronse a cabo as probas de atletismo das que compartimos as siguientes imaxes.

Campionato de Campo a través (1ºESO)

Mércores, 2 de marzo de 2022

O pasado mércores 24 de novembro foi a quenda de 1º da ESO no Campionato de Campo a través por clases no CEP Pedro Caselles Beltrán. O noso alumnado tomouse moi en serio a competición e fixeron o quecemento todos xuntos. E parece que a cousa funcionou porque os tres equipos que levamos quedaron entre os catro primeiros clasificados. Unha mágoa que 1ºA finalmente non puidese acudir e esperamos que sí o fagan en próximas competicións. Parabéns a todos e a todas!

VID_20211124_121450.mp4
VID_20211124_124153.mp4
VID_20211124_124846.mp4
VID_20211124_123446.mp4

Campionato de Campo a través (2ºESO)

Mércores, 2 de marzo de 2022

O pasado venres 29 de outubro tivo lugar o Campionato de campo a través por clases para 2º da ESO no CEP Pedro Caselles Beltrán. O noso alumnado tiña que dar dúas voltas a un circuíto de 600 m. As saídas, por mor do covid, fixéronse separadas para cada grupo, marcando o tempo do grupo o alumno ou alumna que entraba no oitavo lugar. 2 ESO D consegui chegar ao podio. Tendes toda a información na web do organizador www.agrudebam.es. Aquí vos deixamos un vídeo e a foto dos resultados. Parabéns a todos e a todas!

Clasificación XXOO - Parcial 2º Trimestre

Martes, 1 de marzo de 2022

O torneo de fútbol tenis por equipos introduce cambios na clasificación dos xogos olímpicos. As sancións impostas por non acudir a xogar nin arbitrar fixo que 1 ESO B caese á quinta posición. Colle o primeiro posto 2 ESO A e aparece nos primeiros clasificados 2 BAC B.

Clasificación XXOO - 1º Trimestre

Martes, 1 de marzo de 2022

Unha vez rematado o torneo de brilé, e despois do reconto de puntos, esta é a clasificación dos Xogos Olímpicos, lembrade que o grupo gañador dos xogos (unicamente o alumnado participante) poderá disfrutar dunha saída xunto co grupo gañador da aula limpa. De momento 1 ESO B, a pesar de non gañar o torneo de brilé e grazas a xogar co mesmo número de rapaces que de rapazas, é o equipo que lidera a clasificación.

Resultados de Fútbol Tenis por equipos

Martes, 1 de marzo de 2022

Aquí tendes os resultados do campionato de fútbol tenis por equipos. Finalmente foi un campionato con pouca emoción debido á gran cantidade de ausencias, tanto de árbitros como de equipos xogadores. Por ese motivo non haberá fase final e darase por gañador a CMIT2 no grupo de cursos altos e a 1 ESO A1 no grupo de cursos baixos. Parabéns a estes equipos tanto polo xogo como pola responsabilidade que demostraron acudindo a todos os partidos e a todas as arbitraxes.

Fútbol Tenis por parellas(Xogos olímpicos)

Luns, 28 de febreiro de 2022

O vindeiro 8 de marzo comeza o torneo de fútbol tenis por parellas. Os martes xogará o grupo 1, os mércores o grupo 2 e os xoves e venres o grupo 3. Lembrade que se faltades dous días seguidos quedaredes eliminados do torneo. Consultade as normas específicas para este torneo. Podedes ver a qué grupo pertencedes no taboleiro de deporte escolar.

01_CALENDARIO_PARELLAS.pdf

Fútbol Tenis por equipos (Xogos olímpicos)

Luns, 21 de febreiro de 2022

A semana pasada, por mor da choiva, non se puideron disputar os partidos de fútbol tenis por equipos que estaban previstos. Todos os partidos que quedan da fase de grupos xogaranse esta semana. Aquí tendes o novo calendario.

Campionato Provincial de Campo a través (Xogade)

Luns, 14 de febreiro de 2022

O noso centro tivo esta fin de semana unha representante no Campionato Provincial de Campo a través. Natalia foi a única que se atreveu a enfrontarse a rapazas de distintos clubes de atletismo. Parabéns Natalia, es todo un orgullo para o noso IES!

Fotos Fútbol Tenis por equipos (Xogos olímpicos)

Luns, 7 de febreiro de 2022

Primeiras imaxes do torneo de fútbol tenis por equipos.








Calendario torneo fútbol tenis por equipos (Xogos olímpicos)

Luns, 31 de xaneiro de 2022

Calendario provisional para o segundo trimestre. Neste calendario unicamente se contempla o campionato de fútbol tenis por equipos, o torneo por parellas comenzará o 15 de febreiro e non está reflectido neste calendario.

CALENDARIO_EQUIPOS.pdf

Sorteo Fútbol Tenis por equipos (Xogos olímpicos)

Luns, 31 de xaneiro de 2022

Finalmente anotáronse un total de 15 equipos para o torneo de fútbol tenis por equipos, 9 deles pertencentes a 1º e 2 da ESO e o resto a cursos supeiores. Polo que haberá 3 grupos para 1º e 2º dos que se clasificarán os 3 primeiros e o mellor segundo para a fase final. E nos cursos superiores haberá 2 grupos dos que se clasificarán os dous primeiros de cada grupo. Lembramos a todos os equipos a obligatoriedade de arbitrar e que en caso de que noon arbitren algún dos partidos quedarán automáticamente eliminados da competición.


Os grupos quedarán da seguinte forma:

GRUPO 1: 1 ESO A2, 1 ESO D e 1 ESO C2

GRUPO 2: 2 ESO A, 1 ESO A1 e 2 ESO B

GRUPO 3: 1 ESO C1, 1 ESO B2 e 1 ESO B1


GRUPO 4: 1 CMFOR, CMIT1 e 1 BAC B

GRUPO 5: 3 ESO C, 2 BAC A e CMIT2

Campionato Provincial de Campo a través (Xogade)

Martes, 25 de xaneiro de 2022

Convocouse o Campionato Provincial de Campo a través. A data límite para entregar a ficha de inscrición é o xoves 3 de febreiro ás 12h na caixa de Deporte Escolar que hai en conserxería. Adxunto a ficha de inscrición e a continuación un resumo do máis destacado da convocatoria:


NORMATIVA


Art. 1.- Data e lugar. Esta competición levarase a cabo o domingo 13 de febreiro na Azucareira de Portas (Caldas de Reis).


Art. 2.- Categorías. A proba está destinada ás seguintes categorías: benxamíns (2013 -2014), alevíns (2011-2012) infantís (2010-2009) e cadetes (2008-2007) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por categoría e por sexo, facendo saídas cada 20” por quendas dun máximo de 20 participantes cada unha. Na categoría cadete haberá unha única saída para nenos e outra para nenas.

Art. 6.- Horario provisional e distancias.

Art. 7.- Resultados. Realizarase unha clasificación individual, segundo os tempos de entrada en meta, e outra por equipos; para cada unha das categorías. A clasificación por equipos será elaborada só cos atletas (6 máximo) dos equipos que entren na meta co mínimo esixido para clasificar, que é de tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) atletas por entidade. Sumaranse os postos destes tres/catro, resultando vencedor o equipo que menos puntos sume. Para elaborar esta clasificación, eliminaranse os postos dos deportistas que non teñan equipo completo. En caso de empate resultará vencedor o equipo que teña o mellor posto individual.

Art. 8.- Composición de equipos. Os equipos estarán formados polos seis primeiros deportistas que entren na meta de cada categoría e sexo, polo que non será necesario indicar os compoñentes de cada un na inscrición. Na clasificación final por equipos recolleranse un máximo de dous por entidade indicándose co engadido “A” e “B”. Art. 9.- Premios. Haberá medallas para os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais de cada categoría e sexo en cada unha das fases. No apartado de equipos haberá medallas para os tres mellores equipos clasificados de cada categoría e sexo.


Art. 10.- Sistema de clasificación. Para a fase autonómica (alevín, infantil e cadete) clasificarán os dez primeiros atletas individuais así coma os dous mellores equipos de cada categoría e sexo (os equipos estarán compostos por un máximo de 6 e un mínimo de 3 en cadetes e 4 no resto de categorías).


Art. 12.- Protocolo.

Atletas de categoría cadete

- Antes da entrega do dorsal deberán presentar certificado de vacinación COVID ou da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba; ou certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.

- Haberá unha única saída, todos os participantes deberán portar máscara no inicio da proba podendo retirala no momento que se garanta a distancia de seguridade durante o transcurso da proba, na chegada a meta os participantes deberán colocala novamente. No caso de ser necesario a organización facilitará máscaras de reposto.

Atletas de categoría benxamín, alevín e infantil

- Declaración responsable programa Xogade entregada a entidade correspondente [Incluído na ficha de inscrición].

- Saídas en quendas de ata 20 participantes que deberán manter a distancia de seguridade de 1,5m na saída, e que poderán retirar a máscara no momento da indicación do xuíz de saídas antes do disparo. A cadencia entre quendas será dun mínimo de 20 segundos. Unha vez finalizada a carreira, o atleta deberá colocar a máscara, empregando unha persoal ou a facilitada pola organización.


Art. 11.- Outros. Todo o non disposto neste regulamento resolverase de acordo á normativa XOGADE e atendendo ao descrito no protocolo FISICOVID da Federación Galega de Atletismo.

Autorización

09_Ficha inscrición PROV campo a traves.pdf

Fotos e vídeo final de Brilé (Xogos Olímpicos)

Luns, 24 de xaneiro de 2022

Interesante final a que xogaron 2 ESO A e 1 ESO B2, con varias baixas en ámbolos dous equipos, finalmente fíxose coa victoria 2 ESO A. No partido polo terceiro e cuarto posto certificou o terceiro posto no torneo o grupo de 2 ESO D. Parabéns a todos e a todas!

VID_20220118_113909.mp4

Podium Brilé (Xogos Olímpicos)

Luns, 24 de xaneiro de 2022

Segundo torneo: Fútbol tenis (Xogos Olímpicos)

Luns, 17 de xaneiro de 2022

Este venres remata o prazo para anotarse a dous novos torneos que puntuarán para os Xogos Olímpicos. Serán fútbol tenis por parellas e fútbol tenis por equipos. Lembrade que tendes que entregar a folla de inscrición na caixa que pon Deporte Escolar que hai en Conserxería. Animádevos a participar!

06_Convocatoria torneo fútbol tenis.pdf
07_Folla de inscrición fútbol tenis.pdf

Clasificacións brilé (Xogos Olímpicos)

Decembro 2021

Rematada a fase previa deste primeiro torneo de brilé xa temos as clasificacións. A nota negativa foi a gran cantidade de quipos (65%) que non acudiron a arbitrar e que, polo tanto quedan eliminados da competición. Debido a estas ausencias, na liga dos cursos superiores non haberá fase final xa que ningún equipo arbitrou todos os partidos que lles tocaba e na liga de 1º e 2º da ESO tamén houbo varios equipos eliminados.

04_CLASIFICACIONS FASE PREVIA BRILÉ.pdf

Fotos e vídeo brilé (Xogos Olímpicos)

Novembro 2021

Xa comenzaron os partidos de brilé deste primeiro torneo dos Xogos Olimpicos do curso 2021-2022. Como pode observarse nas imaxes había moitas ganas dun pouco de "normalidade"...

VID_20211110_114525.mp4

Calendario brilé (Xogos Olímpicos)

Novembro 2021

En total anotáronse 17 euipos para este primeiro torneo, polo que fixemos 3 grupos de 3 e grupos de 4 equipos cada un. Na liga dos cursos superiores apartir de 3º clasificaranse os 2 primeiros de cada grupo, mentres que na liga dos pequenos clasificaranse o primeiro de cda grupo e o mellor segundo. Aquí tendes o calendario, estade pendentes de cando xogades e de cando arbitrades, lembrade que o árbitro ten que ser do grupo pero non fai falla que estea anotado no equipo.

03_CALENDARIO_BRILE_2021_2022.pdf

Sorteo de grupos: Brilé (Xogos Olímpicos)

Outubro 2021

Xa está aquí o primeiro dos torneos dos recreos que puntúan para os xogos olímpicos. Durante o primeiro trimestre xogaremos a Brilé. Formade os euipos e entregade a folla de inscrición na caixa que pon Deporte escolar que hai en conserxería

Primeiros torneos: Brilé (Xogos Olímpicos)

Outubro 2021

Xa está aquí o primeiro dos torneos dos recreos que puntúan para os xogos olímpicos. Durante o primeiro trimestre xogaremos a Brilé. Formade os euipos e entregade a folla de inscrición na caixa que pon Deporte escolar que hai en conserxería.

02_Convocatoria Torneo brilé.pdf

Volven os xogos olímpicos

Setembro 2021

Volven os Xogos Olímpicos dos recreos, lembrade que o grupo gañador conseguirá unha saída a final de curso. Non só puntúan os resultados, tamén puntúa a participación. Conseguiredes 100 puntos extra se participa todo o grupo! E outros 100 se participades en todas as competicións!

01_Xogos Olímpicos 2021-2022.pdf