Deporte Escolar 2023-24
IES Antón Alonso Ríos
Triangular fútbol sala
Por petición dos gañadores das ligas dos diferentes niveis, farase un torneo triangular entre os gañadores. Ao non estar previsto, os resultados deste torneo non se terán en conta de cara a clasificación dos Xogos olímpicos. Aquí tendes o calendario
Resultados parciais Xogos Olímpicos
Rematados os torneos do primeiro trimestre aquí tendes a clasificación parcial dos nosos particulares Xogos Olímpicos dos recreos.
Fotos e vídeos do partido de fútbol gaélico
Aquí tendes o calendario das finais de fútbol sala e brilé que quedaron pendentes en decembro.
Esta quinta feira (xoves) 18 de xaneiro, presenciamos no pavillón do centro, durante o recreo un partido de demostración de fútbol gaélico organizado polo profesor Xurxo, de Lingua galega. Nel participou alumnado de 1º de Bacharelato xunto con Macua e a vosa compañeira Ana Areal, de 2º do Bacharelato (do equipo mixto do Baixo Miño Grovias) que arbitraron e explicaron as principais regras do xogo (Alén disto, Ana participou tamén no xogo).
Este deporte nado en Irlanda ten unha grande implantación en Galiza, con éxitos das seleccións masculina (terceira en varias competicións) e, nomeadamente, feminina, que foi campioa no EuroGames 2018 xogado en Lorient (Bretaña francesa).
Este partido e terá a súa continuación con outro de desquite, durante a próxima semana, que será anunciado para que o poidades desfrutar como merece e coñecer máis de preto este divertido deporte mixto. Ambos servirán de cerimonia de comezo da competición, dentro dos Xogos Olímpicos no recreos, para a que continúa aberta a inscrición. Se es alumna/o da ESO...
Inscríbete e anímate a participar!!!
XXOO Recreos. Fútbol sala grupo 4º ESO e BACHARELATO
20 de decembro de 2023
Rematada a liga dos 4ºs da ESO e Bacharelato, clasificáronse para á fase final 4 ESO A, 1 BAC A, 1 BAC B e 2 BAC B. Despois das semifinais xogouse o partido polo 3º e 4º posto entre 1 BAC B e 4 ESO A. Despois dun partido moi igualado tívoe que decidir a medalla de bronce na quenda de penaltis, resultando gañador 4 ESO A. Parabéns! A final xogarase en xaneiro entre 2 BAC A e 1 BAC A.
16 de decembro de 2023
XXOO recreos. Brilé
Emocionante final de brilé entre 2 ESO D e 1 ESO A no cuberto da entrada. Despois de moita tensión e nervios o grupo gañador foi 2 ESO D . Parabéns!
O pasado 30 de setembro celebramos o Día Europeo do Deporte escolar. Revisadas as tarxetas de participación, estes son os resultados. A clase que máis participou foi 1 ESO B, polo tanto levan os 100 puntos que se xogaban nesta xornada para os Xogos Olímpicos. Parabéns!
21 de decembro de 2023
O alumnado de 1º e 2º de FPB de electrónica xa remataron as mesas de tenis de mesa que poderan gozar o resto de alumnado a partir de xaneiro. Por aquí vos deixamos algunhas fotos da evolución do proxecto:
20 de novembro de 2023
Por fin o tempo da un respiro e podemos celebrar o magosto con algúns Xogos Populares.
Magosto
Este ano tamén, no IES Antón Alonso Ríos celebramos o Magosto cunha xornada de convivencia e diversión na que non so tivo presencia as castañas senon tamén os xogos populares. Podedes comprobalo no seguinte vídeo
Xogos olímpicos. Fútbol sala
Rematada a fase previa do torneo de fútbol sala no IES Antón Alonso Ríos, estos son os grupos clasificados: Parabéns a todos e a todas!
Xogos olímpicos. Brilé - Deporte Escolar
Recta final do torneo de brilé dos recreos. Xa estamos xogando as semifinais para as que se clasificaron 1 ESO A, 1 ESO D, 2 ESO A e 2 ESO D. Pasada a ponte xogarase a final. Estade atentos e atentas!
Clasificación do brilé, noticia das semifinais:
Tenis de mesa. Deporte escolar
29 de novembro de 2023
Hoxe xogouse a final da competición de tenis de mesa. Gran actuación de todo o noso alumnado participante e tamén moitas caras de felicidade. Parabéns! E lembrade que en xaneiro continuamos coa competición de Bádminton!
22 de noviembre de 2023
Hoxe ni IES Antón Alonso Ríos comenzamos coa competición escolar de tenis de mesa. O noso insti participou nesta xornada con 10 representantes. E pasárono xenial! A semana que vén máis!
Fútbol gaélico
O alumnado de 1o Bacharelato A/B recibiu un obradoiro de fútbol gaélico os días 16 e 19 do pasado mes de outubro, que se desenvolveu en dúas partes: sesión teórica dunha hora no Salón de actos e obradoiro práctico de dúas horas no Pavillón do centro. Estivo coordinado e organizado por Xurxo Fernández, de Lingua galega, en colaboración con Raque Abeal, de Educación Física. As xornadas consistiron no seguinte:
O alumnado de 1o de Bacharelato A e B recibiu un obradoiro teórico e práctico de Fútbol gaélico. Nunha primeira sesión teórica no salón de actos do instituto, ambos grupos coñeceron de man de Macua (do equipo mixto do Baixo Miño Grovias) a historia deste deporte nado en Irlanda e a súa implantación en Galiza, as diferentes ligas, a nivel internacional e no noso país, e os éxitos das seleccións masculina (terceira en varias competicións) e, nomeadamente, feminina, que foi campioa no EuroGames 2018 xogado en Lorient (Bretaña francesa). Tamén un resumo das características dos terreos de xogo e as principais regras do mesmo.
Nesa mesma xornada no caso de 1o B e no xoves 19 no caso de 1oA, a rapazada gozou no Pavillón, de dúas sesións prácticas onde exercitaron as xogadas básicas. Mais non só iso, finalmente disputaron varios encontros (distribuídos en diferentes grupos) para practicar o aprendido. Temos previsión de que o alumnado participante realice proximamente unhas xornadas para lle explicar o xogo ao alumnado de cursos inferiores.
Xadrez.
O Clube de Xadrez “Xeque-Mate” está a começar a sua terceira temporada de atividades. Como todos os anos desde 2021, reunimo-nos todas as quartas e quintas-feiras (mércores e xoves) nos recreios. O ponto de encontro é o Desdobre 2, no corredor de 2º ESO, onde funciona o “Espaço Jantar”.
Se gostas de xadrez ou tens interesse por aprender, vem! Não é preciso teres conhecimentos prévios, pois há pessoas de todos os níveis de jogo e aprendemos uns com os outros. Primeiro, treinamos uns movimentos de abertura e defesa; e depois, jogamos livremente. Participa e fica de olho aberto, pois em breve lançaremos o nosso torneio anual.
Deporte escolar
Tenis de mesa
A competición de Tenis de mesa aprázase unha semana. Os días de competición serán o 22 e o 29 de novembro. Se vos clasificades para a final esta será o 13 de decembro.
O prazo de inscrición desta actividade remata o xoves 15 de novembro. Colle unha ficha de deporte escolar, cúbrea e entrégaa na caixa de deporte escolar que hai en conserxería. Partícipa representando ao noso centro! Os representantes do noso centro recibirán como agasallo a camiseta que deberán usar nas competicións. Anímate e participa!
7 de novembro de 2023
Moitas rapazas hoxe no campo de fútbol sala. Parabéns a 1º ESO C por facer os equipos mixtos e igualitarios. Moito temos que aprender de vós!
Semana Europea da prevención de residuos
15 de novembro de 2023
A semana que vén celebramos a Semana Europea da prevención de residuos. No noso centro incorporamos o deporte a todas as actividades que podemos, así que polo centro atoparaste con algúns carteis coma estos. Garda o papel de alumnio do bocata e tírao na canastra que atoparás en fronte de Secretaría. Non te amoles se non encestas, os tiros son ilimitados!
Promoción deportiva
13 de novembro de 2023
Durante toda esta semana a Escola Deportiva de Tenis do Concello de Tomiño estará facendo promoción da súa disciplina nalgunhas clases de Educación Física. Esperamos que vos anotedes moitos!
Actividades nos recreos: Tenis de mesa, Bádminton e Patinaxe
Se eses días prefires patinaTodos os luns no ximnasio todo o alumnado do IES Antón Alonso Ríos que o desexe poderá xogar ao tenis de mesa no ximnasio. E os venres a cita será co Bádminton no pavillón. Non fai falla anotarse, con ir ata alí con ganas de pasalo ben é suficiente.
Se eses días prefires patinar tamén podes acudir cos teus patíns a eses espazos para practicar o teu deporte favorito.
Xogos Olímpicos dos recreos
26 de outubro de 2023
Hoxe comenzamos cos partidos dos torneos de fútbol sala e brilé. O tempo non acompaña e tivemos que facer os dous partidos xuntos no pavillón. Preparádevos porque haberá partidos ata as vacacións de Nadal.
O alumnado de 2° FPB de Electricidade e electrónica do IES Antón Alonso Ríos, nos seus ratos libres, está montando unhas mesas de tenis de mesa reutilizando material. Aplican así o Reduce, Reutiliza e Recicla dado na clase.
O próximo 15 de novembro, no IES Antón Alonso Ríos, comenza a competición de deporte escolar de Tenis de mesa no Pavillón de Sobrada. Serán en total 3 mércores en horario de tarde. O transporte é gratuíto. Para participar entrega a ficha de inscrición na caixa que pon Deporte Escolar que hai en conserxería antes do xoves 9 de novembro. Deixámosvos aquí o cartel que deseñou o alumnado de plástica para promocionar a actividade.
Piragüismo
Este martes 3 de outubro, o alumnado de distintos grupos da ESO e FPBásica do IES Antón Alonso Ríos desfrutaron do premio que acadaron o curso pasado no Torneo de Xogos Olímpicos, Aula Exemplar e Entroido 2023, celebrando unha xornada de piragüismo no río Miño, recibidos e atendidos polos membros do Clube Teixugos. Un día de aire libre, deporte e convivencia aproveitando os nosos recursos naturais e fomentando a vida saudable e deportiva entre o noso alumnado.
O venres 30 setembro celebramos no IES Antón Alonso Ríos o Día Europeo do Deporte Escolar.
Foi unha xornada divertida e moi animada na que puideron facer múltiples deportes: carreira de sacos, baloncesto, bádminton, voleibol, brilé, xogar ao pano, corda de equilibrio, carreira de relevos, baile, hockey, tiro da corda, pelota divertida, salto de lonxitude etc.
As clases, organizadas en grupos de seis ou sete, debían tentar cubrir a súa grella con todas as actividades. Para rematar, houbo un estiramento grupal antes de voltar para casa. Foi un día cheo de ledicia, deporte e compañeirismo.
Xa temos todo preparado para que pasedes un ratiño divertido, xogando e facendo diferentes actividades cos vosos compañeiros e compañeiras de calse. Aquí tendes o mapa para que saibades a onde debeder dirixirvos
Deporte Escolar 2022-23
Entrega de trofeos das actividades deportivas
21 de xuño de 2023
O alumnado de tecnoloxía deseñou os trofeos e madallas que se entregaron o último día de clase aos grupos gañadores dos torneos dos recreos. Aquí tendes a algúns destes gañadores. Parabéns!
Olimpiadas da Antiga Grecia
21 de xuño de 2023
O alumnado de Cultura Clásica organizou unhas olimpiadas nas que as probas foron Pentatlón (con salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, lanzamento de disco, loita e carreira), Diaulos (carreira de ida e volta), Hoplitodromía (carreira con escudos) e Dólijos (varias voltas ao campo). Parabéns a todos e todas as participantes e tamén ao alumnado de Cultura clásica polo seu bo traballo.
Patinaxe
21 de xuño de 2023
Neste último día do curso as rapazas do noso IES que participaron no Mundial de patinaxe quixeron mostrarnos as súas habilidades sobre os patíns. E a verdade é que nos deixaron a todas as persoas que estabamos alí totalmente abraiados. Parabéns a Laura, María e Nerea!
Trofeos dos recreos e do Dia Europeo do Deporte escolar
21 de xuño de 2023
Xa está todo preparado para a entrega de trofeos e madallas das diferentes actividades deportivas organizadas polo centro. Grazas ao alumnado de Tecnoloxía que traballou sen descanso para poder ter todos os trofeos a puntiño e en tempo. Parabéns polo gran traballo realizado!
Kings & Queens Futsal League
O profesorado tamén participou na nosa particular liga de fútbol sala.
Traballo Olimpiadas da Antiga Grecia
O alumnado de Cultura Clásica está traballando a tope para que poidamos gozar da xornada de Olimpiadas do último día de clase. Así de ben están quedando os escudos da carreira chamada Hoplitodromía. Grazas chicos e chicas polo voso traballo!
XOGOS POPULARES E DEPORTE EN TOMIÑO (LINGUA GALEGA E LITERATURA)
O alumnado de 1º ESO desenvolveu ao longo do trimestre, na materia de Lingua Galega e Literatura, unha pequena investigación sobre Xogos Populares e Deportes. En primeiro lugar, para entrar en materia, traballaron o vocabulario relacionado con este tema a partir dun texto de Quidditch e Harry Potter. Para continuar, elaboraron entre todos unha listaxe daqueles deportes e xogos que practican no Concello de Tomiño, así como os lugares máis frecuentados.
Nunha segunda parte, procurando recuperar os xogos menos coñecidos para eles, deseñaron por grupos unhas infografías de xogos populares galegos: as carrilanas, tiro da corda, carreira de sacos, leira de nove, a cadea, a cucaña, xogos de apandar, xogos de cartas, o gato e o rato, a pita cega, o pano, o aro, as chapas, as bólas, a mariola, os birlos, a chave, a goma, o brilé e a cadeira da raíña.
Finalmente, tamén de xeito colaborativo, todos os grupos trasladaron a información recadada a un mapa de google, onde situaron tanto os xogos que practican no presente, como aqueles máis populares que seguen a xogar ou que alguén na súa familia ten recordado xogar. Cada deporte ten unha icona e unha cor para facilitar a súa lectura.
Podedes visitar o mapa neste enlace: https://www.google.com/maps/d/u/0/edit?mid=1IbQJKXfNzToSssMpbfQrw0bKk2q0MsM&usp=sharing
Xogos Olímpicos. Resultados definitivos
Rematadas todas as competicións dos recreos deste curso, xa temos o reconto final de puntos. Aínda que 2 ESO A gañou en todo o que participou, o feito de non participar en todas as competicións e de que participara tan so con homes fixo que quedara relegado a un terceiro posto. 2 ESO A foi adiantado polas únicas clases que si participaron en todo e con equipos mixtos: 1 ESO D e 1 ESO E. Finalmente o equipo gañador dos Xogos Olímpicos do curso 22/23 foi o de maior participación cun 96% da clase, 1 ESO E. Parabéns! Esperamos que disfrutedes da saída deportiva que realizaredes en setembro como premio.
Final fase de liga 3º, 4º, CICLOS E BACHARELATO
Rematada a fase de liga dos maiores do IES, xa temos a composición das semifinais.
Finalmente serán 2 grupos de 3º, un de 4º e un de bacharelatos os que se disputarán o título de campión.
A semana que vén, semifinais e finais. Non volas perdades!!!
Semifinal da Kings&Queens Futsal League
30/05/2023
Hoxe estase a colgar a primera semifinal da liga de 1° e 2° da ESO
Lanzamento de Xavelina. XXOO
29 de maio de 2023
Esta mañá rematamos a competición de Xavelina, no que, finalmente participaron 14 alumnos e alumnas. Esperamos que para próximas edicións se apunten máis deportistas. A continuación deixámosvos o cadro de honra tanto masculino coma feminino. Parabéns a todos e a todas!
Final fase de liga para 1º e 2º ESO
Rematada a fase de liga se 1º e 2º da ESO, xa temos a composición das semifinais.
Os grupos de 2º da ESO foron superiores aos de primeiro e non teremos ningún representante de primeiro en semifinais.
Esta semana rematarán os partidos dos grupos de 3º, 4º e 1º FPB e bacharelato e a semana que vén serán as finais. Non volo perdades!!
Probas de atletismo
Masiva participación do noso alumnado e excelentes resultados nas probas de atletismo celebradas o pasado 19 de maio nas instalacións da Macoca, no parque natural do Monte Aloia en Tui.
Posters de cultura Clásica
O próximo 21 de xuño celebraremos uns Xogos Olímpicos moi especiais, xa que estarán organizados polo alumnado de Cultura Clásica da profe Silvia e serán os da Antiga Grecia. Aquí podedes ver algúns dos traballos realizados previos á organización da xornada.
Resultados parciais X.X.O.O.
Tras a carreira de 500 m xa temos novo reconto de puntos nos Xogos Olímpicos dos recreos. 2 ESO A e 1 ESO D recortan distancia con 1 ESO E. Conseguirá 1 ESO E manterse no primeiro posto tras as competicións de lanzamento de xavelina e a Kings&Queens Futsal League?
Deporte escolar. Voleibol
Mércores, 3 de maio de 2023
Última xornada da competición de Volei onde o noso centro participaba cun equipo mixto. Os nosos mantiveron o nivel da xornada anterior e conseguiron manterse invicto, aínda que empataron varios dos partidos.
O final, unha merecida medalla de oro.
Parabéns!
XXOO. Carrera de 500 m
Xoves, 27 de abril de 2023
Esta mañá, no recreo, un grupo de 10 valentes acudiu ao campo de fútbol de A Carballa para correr 500 m. O primero en cruzar a meta foi Xoel de 2 ESO A, seguido por Álex de 1 ESO D e por Gabriel de 1 ESO E. Conseguindo así 50, 35 e 25 puntos respectivamente, para as súas clases, nos Xogos olímpicos dos recreos. Parabéns a todos!
Deporte escolar. Voleibol
Mércores, 26 de abril de 2023
Hoxe comenzou a competición de Volei na que o noso centro participa cun equipo infantil. A xornada foi moi divertida e o noso equipo, de momento, mantense invicto. A semana que vén, no pavillón de Randufe, será a derradeira xornada da competición. Conseguirá o noso equipo manter a súa racha de victorias? Invitámosvos a todos e a todas a acudir como público a comprobalo.
A xornada comenzará ás 16:30h.
Video Kings & Queens Futsal league
Empezou a Kings&Queens Futsal League
26 de abril de 2023
Onte comenzou a liga de fútbol sala do terceiro trimestre. Tanto onte como hoxe houbo gran afluencia de público. E hoxe xa saíu a carta de 1vs1. Isto promete!
Atletismo en pista
O próximo 19 de maio terá lugar unha competición de atletismo en pista. Trátase dunha competición por clases onde cada clase terá que facer as seguintes probas: carreira de 60 m, carreira de 500 m, salto de lonxitude, lanzamento de peso, lanzamento de vórtex e 4 relevos de 60 m. Poden participar 1º e 2º da ESO e será en A Macoca en Tui en horario lectivo. Animádevos!
Resultados parciais Xogos Olímpicos
Feito o reconto da participación e resultados do torneo de balonmán xa temos os resultados parciais do segundo trimestre para os Xogos Olímpicos. Parece que a cousa estará entre 1 ESO E, 1 ESO D e 2 ESO A.... Pero lembrade que ao rematar todos os torneos se sumarán os puntos de participación global: 100 puntos adicionais por participar en todos os torneos e 100 puntos adicionais por participar todo o alumnado do grupo.
Kings&Queens Futsal League
Rematado o prazo de inscrición, xa temos feito o sorteo de grupos e o calendario de partidos. Empezamos este martes... a pasalo ben!
XXOO recreos. Sorteo Kings&Queens Futsal League
Rematado o prazo de inscrición realizamos o sorteo cos seguintes resultados:
GRUPO 1: 1 ESO D, 2 ESO D, 1 ESO B e 2 ESO B
GRUPO 2: 1 ESO E, 2 ESO A, 2 ESO C e 1 ESO A
GRUPO 3: 4 ESO A, 3 ESO C e 3 ESO A
GRUPO 4: 1 FPB ELE, 4 ESO C e 3 ESO B
GRUPO 5: 1 BAC B, 3 ESO D e 4 ESO B
Estade atentos ao taboleiro porque empezarán os partidos o martes 25 de abril.
Mércores 12 de abril de 2023
Hoxe no recreo disputouse a final de balonmán entre os equipos de 2 ESO A e 2 ESO C. Foi un partido moi igualado, pero nos minutos fináis adiantouse 2 ESO A e non lle quedou tempo a 2 ESO C para voltar a igualar o partido. O resultado final foi 5-4. Parabéns a todos e a todas!
Entrevistas na radio co alumnado deportista:
Entrevistamos a Javier Freiría (1ºBach)
Javier Freiría, alumno de 1º Bach do noso IES e deportista de élite na práctica de remo. Javier cóntanos os seus inicios neste deporte, o seu día a día compaxinando estudos e entrenamentos e os seus obxectivos para o futuro. A entrevista é levada a cabo por Laura Teixeira e Mateo Peniza, de 1ºESO, que se estrean nos nosos micrófonos. Inauguramos así esta nova sección de entrevistas e engadimos o formato vídeo para desfrutar máis dos nosos contidos.
Ligazón á entrevista: https://radiomocidade.gal/entrevista-a-javier-freiria/
Alumnado do curso 18/19 competindo (Javier no centro)
Parte do alumnado participante na competición de Remo no curso 18/19 (Javier arriba á esquerda)
Entrevista é a Nerea, María e Laura, alumnas de 4º ESO e patinadoras
Neste novo programa, que fixemos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, entrevistamos a Nerea Bouzo, Laura Silva e María Souto. Estas tres rapazas patinadoras están a acadar grandes éxitos na súa carreira deportiva e cóntannos a súa experiencia deste verán no mundial de Alemaña. Que teñades moita sorte no futuro!
A entrevista foi realizada, unha vez máis, por alumnado de 1º ESO, neste caso Sabela Cerqueira e Teo Iglesias.
Ligazón á entrevista: https://radiomocidade.gal/entrevista-a-laura-nerea-e-maria-patinadoras/
Voleibol
O próximo mércores 26 de abril comezará a competición de voleibol organizada por Agrudebam dentro do programa Xogade. Serán 3 mércores consecutivos en horario de tarde. Haberá transporte dende o IES totalmente gratuíto. Os equipos serán mixtos. O alumnado que queira participar deberá pedir unha folla de inscrición en conserxería e, unha vez, cuberta, depositala na caixa que pon Deporte Escolar que hay en conserxería antes do mércores 19 de abril.
Animádevos a participar!
Torneos do último trimestre
Temos novidades para este último trimestre. Imos facer unha liga de fútbol sala con un toque de emoción, chamarase Kings&Queens Futsal League.
Ademáis volvemos ás probas de atletismo con lanzamento de xavelina e carreira de 500 m.
Aquí tendes a folla de inscrición e as normas da nova liga.
O prazo remata o 21 de abril.
Lembra que estos torneos puntúan para os Xogos Olímpicos dos recreos e que o grupo gañador poderá disfrutar dunha saída a final de curso totalmente gratuíta.
Animádevos a participar!
Xogos Olímpicos Recreos
Feito o reconto da participación e resultados das carreiras de 50 metros lisos e 50 metros valos, o parcial nos Xogos Olímpicos dos recreos queda como segue:
Torneos recreos: Resultados balonmán
Debido a que non están cubertas todas as actas e á falta de acordo nos resultados dos partidos. Vaise xogar unha FINAL entre 2 ESO A e 2 ESO C á volta das vacacións de Semana Santa para determinar o grupo gañador do torneo. O equipo que quedou terceiro foi 1ESO E. Parabéns!
28 de febreiro de 2023 - Torneos recreos. Balonmán
Hoxe comezou o torneo de balonmán no que participarán 5 equipos de 1º e 2º da ESO. A competición xogarase na pista exterior todos os martes, mércores e xoves ata o 21 de marzo.
22 de marzo de 2023 - Torneos recreos: Carreiras
Hoxe no recreo disputáronse as carreiras de 50 metros lisos e 50 metros valos. Aínda que a participación non foi moi numerosa, tivéronse que facer varias saídas. Aquí tendes algunhas delas. Parabéns a todos e a todas!
1 de marzo de 2023 - Bádminton
Hoxe disputouse a final de bádminton onde o noso centro tiña gran representación, tanto en masculino como feminino. Parabéns a todos e a todas! Podedes ampliar información na web de Agrudebam no enlace https://www.agrudebam.es/horario-extraescolar/b%C3%A1dminton/
18 de marzo de 2023 - Campionato de bádminton organizado polo Club Bádminton Tui.
Mara e María de 4º da ESO participaron, representando ao noso IES, no campionato de bádminton organizado polo Club Bádminton Tui. A competición foi por parellas e as nosas representantes acadaron o 2º posto. Parabéns!
7 de marzo de 2023 - Campionato zonal de Orientación
O alumnado de 3º da ESO trasladouse ata o IFEVI en Vigo para participar no campionato zonal de Orientación.
CALENDARIO DOS TORNEOS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Rematado o torneo multideporte, comezamos as competicións dos recreos do segundo trimestre, serán Balonmán e carreiras de 50 m lisos e 50 m valos. Aquí tendes o calendario:
Resultados parciais dos Xogos Olímpicos
Tras revisar os resultados finais do torneo multideporte, aquí está a clasificación provisional dos Xogos Olímpicos. 2 ESO A segue en cabeza grazas a ventaxa que tiña de 100 puntos pola gran participación no Día Europeo do Deporte Escolar. Sen embargo, 1 ESO E recortou diferencias grazas ao seu segundo posto e á participación mixta e igualitaria no torneo multideporte. Parabéns a todos e a todas!
Clasificados e clasificadas para a Final de Bádminton - Deporte escolar
Tras dúas xornadas de competición, tanto para cadetes como para infantiles, xa temos o alumnado clasificado para a xornada final que se disputará no pavillón de A Carballa o 1 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.
A competición cadete será mixta, mentres que haberá competición feminina e masculina en infantiles (aínda que nas xornadas de clasificación a competición foi mixta).
Podedes consultar toda a información en www.agrudebam.es
Parabéns a todas e a todos polo gran traballo!
Novos torneos dos recreos
Rematado o torneo multideporte xa temos en marcha os novos torneos, nesta ocasión serán competicións independentes (non é obrigatorio ter equipo para cada unha das competicións para poder participar). Teremos un par de probas de atletismo, carreira de 50 m lisos e carreira de 50 m valos, e un campionato de balonmán. Cada alumno ou alumna pódese anotar a unha, a dúas ou ás tres competicións. Axuda a túa clase a sumar puntos para conseguir a saída de final de curso. Anímate e participa!
Competición de Orientación
O alumnado de 3º da ESO que o desexe poderá participar nunha saída para participar na competición zonal de Orientación organizada polo Servizo de Deportes. Esta competición terá lugar no IFEVI (Vigo) o próximo 7 de marzo. Os centros participantes no zonal serán: Toural, Divino Salvador, Cluny, Chapela, Monte Carrasco, Escolas Proval, Antón Alonso Ríos e Cova Terreña. O alumnado que consiga clasificarse participará na final provincial o 30 de marzo en Pontevedra.
As plazas son limitadas, anótate antes de que se acaben!
Torneo Multideporte - Final Torneo Multideporte
Chegaban á final deste torneo multideporte 2 ESO A e 1 ESO E. Enfrontábanse no primeiro partido a baloncesto, tras ir vencendo 2 ESO A durante case todo o partido, 1 ESO E sacou a súa garra e deulle a volta ao marcador, logrando poñerse por diante na eliminatoria. O segundo partido foi o de fútbol sala, no que o equipo de 2 ESO A impúxose por un gol a cero. Conseguía así empatar a eliminatoria. Xogaríase todo no partido de brilé. Este partido sería ao mellor de 3. Sendo necesario ata 3 recreos para rematalo. A final do primeiro recreo non se rematara o primeiro dos partidos (quedando 2 xogadores de 2 ESO A e 1 de 1 ESO E), polo que tivo que ser continuado no seguinte recreo. Este primeiro partido rematou con victoria para 2 ESO A. O grupo de 1 ESO E, sacou a súa garra outra vez e gañou, tras moita tensión, o segundo partido, volvendo a empatar a eliminatoria. Outra vez íase decidir todo no terceiro partido. No que, tras estar moi igualado, impoñíase o grupo de 2 ESO A. Parabéns a todos e a todas polo gran espectáculo que puidemos gozar.
BRILÉ
Campeonato de Bádminton infantil
Hoxe tocoulle a quenda ao alumnado infantil do IES. Sobre 20 alumnos e alumnas do noso IES participaron na primera xornada, tanto representando ao IES coma ao seu clube (o Club de Bádminton Tomiño) e mesmo axudando nas arbitraxes. Parabéns a todas e a todos!
Torneo Multideporte - Segundo partido da final
26 de xaneiro de 2023
Hoxe xogouse o segundo partido da final do torneo multideporte, tocoulle a quenda ao fútbol sala. O gañador foi 2 ESO A deixando a final empatada e decidirase todo mañá a brilé.
Torneo Multideporte - Final do torneo multideporte
25 de xaneiro de 2023
Hoxe tivo lugar o primero partido da final do torneo multideporte entre 1 ESO E e 2 ESO A. A disciplina de hoxe foi baloncesto e aínda que 1 ESO E comenzou perdendo, logrou, tras unha remontada nos minutos finais, a victoria por 4 a 2. Parabéns!
Bádminton cadete - deporte escolar
25 de xaneiro de 2023
Hoxe comenzou a competición de bádminton fóra de horario lectivo para o alumnado cadete. O noso centro tuvo moita representación, tanto participando polo centro como polo seu clube. O mércores que vén tócalle aos infantiles. En total serán 2 xornadas para cada categoría e os clasificados destas xornadas xogarán a final o 1 de marzo.
Torneo Multideporte - CALENDARIO FINAL 1º e 2º ESO
Tras a eliminación de dous dos equipos por non cumplir co compromiso de arbitrar e xogar, o gañador do torneo das clases altas foi 3 ESO C (sen chegar a xogar ningún partido), e non haberá partido polo 3º e 4º posto no torneo de 1º e 2º da ESO. Neste torneo o terceiro foi 1 ESO B e a final a xogará 2 ESO A e 1 ESO E.
Campionato de Bádminton
O próximo 25 de xaneiro dará comenzo a competición de deporte escolar de bádminton para a categoría cadete. Xogarase no pavillón da Carballa en horario de tarde. En total serán 3 mércores alternos. O mesmo que para a categoría infantil, que dará comezo o 1 de febreiro. As finais xogarase o 1 de marzo. Se te apetece pasar unha tarde divertida e deportiva, inscríbete! Tes ata o mércores anterior ao inicio da competición.
Torneo Multideporte - Calendario fase final
Debido a que no torneo dos cursos altos tan so houbo 3 finalistas, xogarase un triangular entre estos tres equipos. O equipo gañador será o que máis puntos obteña.
No torneo de 1º e 2º da ESO xogaranse dúas semifinais, o partido polo 3º e 4º posto e a final. Desta forma o calendario será o seguinte. Lembramos a importancia de acudir a tódolos partidos e todas as arbitraxes, tanto para non quedar eliminado coma non penalizar na clasificación dos xogos olímpicos.
Torneo Multideporte - Clasificacións fase de liga
Revisadas todas as actas, a clasificación na fase de liga quedou da seguinte forma. En vermello os equipos eliminados por non acudir a arbitrar algún día e en verde os equipos clasificados para a seguinte fase.
Torneo Multideporte - RESULTADOS FASE DE LIGA 1º TRIMESTRE
Rematado o primeiro trimestre, publicamos os resultados dos diferentes partidos da fase de liga deste primeiro torneo multideporte. Aclaramos que son os resultados sacados das actas e que se hai algún partido no que non hai resultado en ningunha das disciplinas é porque algún dos dous equipos quedou eliminado por non acudir a arbitrar.
Nos próximos días publicaremos a clasificación final desta fase e o calendario de partidos da fase final.
Deporte no Magosto.
A través dos xogos tradicionais, o deporte estivo presente na celebración do magosto
Tenis de mesa
Este mércores 23 de novembro celebrouse a primeira xornada de tenis de mesa no pavillón de Sobrada.
Chegamos á xornada final de tenis de mesa onde o noso alumnado gozou dunha tarde deportiva na que Xoel e Adam chegaban á final. Xoel foi a vencedor, Adam segundo e Álex da Costa terceiro. Podedes consultar os resultados completos na web de Agrudebam.
Campo a Través
En horario lectivo.
Campo a Través
Este sábado en Caldelas de Tui celebrouse o campo a través zonal fóra de horario lectivo.
Nas categorías infantil e cadete tivemos alumnado do centro participando e acadando moi bos resultados. Queremos felicitar a todo o alumnado polo bo traballo realizado nesta xornada e en especial a Leonardo que foi o único valente que, a pesares de non adestrar habitualmente nesta disciplina, participou representando ao noso centro. O resto do alumnado participou co seu clube, o Trega.
Podedes ampliar a información na web de Agrudebam
Torneo multideporte - Aviso
15 de novembro de 2022
Debido á cantidade de equipos que non están acudindo nin a arbitrar nin a xogar, o calendario vai sufrir modificacións, estade pendentes ao Taboleiro de Deporte Escolar, alí publicarase o novo calendario de partidos e arbitraxes.
Torneo Multideporte
26 de outubro de 2022
AVISO IMPORTANTE! Cuando no se poida xogar debido á choiva os partidos serán no Ximnasio e no Pavillón.
Torneo multideporte - Aviso
21 de outubro de 2022.
Debido a que o equipo de FPB ELE non acudiu a arbitrar, e como se indica nas normas do torneo, queda eliminado e entra no seu lugar o equipo de 1 BAC B, que entregara a inscrición fóra de prazo.
Torneo Multideporte
Hoxe, 18 de outubro, comezou o torneo multideporte dos recreos. Esperamos que a choiva permita un desenvolvemento normal deste torneo.
Torneo Multideporte (1° trimestre)
17 de outubro de 2022.
Despóis do sorteo de grupos desta mañá, xa temos o calendario do torneo do primeiro trimestre. Lembrade que os grupos que arbitran son os que deben levar a caixa co balón, petos, marcador e chifre ao terreo de xogo. Lembrade tamén que os equipos que non acudan a arbitrar quedarán eliminados do torneo.
17 de outubro de 2022
Finalmente os grupos son os seguintes. A fase final a xogarán os 2 mellores equipos de cada grupo. O primeiro do grupo 1 xogará contra o segundo do grupo 2, o segundo do grupo 1 contra o primeiro do grupo 2 e o mesmo para os grupos 3 e 4. Os gañadores de cada partido xogarán a final, mentres que os perdedores xogarán polo terceiro e cuarto posto.
Día Europeo del Deporte Escolar
Tras facer a revisión das tarxetas e os selos obtidos por cada un dos grupos, decidiuse otorgar 100 puntos a dous dos grupos participantes, xa que a cantidade de selos obtidos por persoa de cada un dos grupos foi de 9. Parabéns a todas as persoas participantes polo gran traballo!. E parabéns a 2 ESO A e 3 ESO A polos 100 puntos obtidos!
Día Europeo del Deporte Escolar
O noso centro celebrou o Día Europeo del Deporte Escolar facendo deporte na escola. Cada grupo formou varios equipos que participaron en tenis de mesa, baile, hockey, apilar rodas, baloncesto, pelota divertida, o pano, tirar da corda, disco voador, carreiras de sacos, carreira de relevos e brilé. Rematamos o día facendo ioga guiadas pola profe Nerea. Pasámolo moi ben!
Todo listo para a celebración do Día Europeo do Deporte Escolar
"Neste curso volvemos ter Xogos Olímpicos no noso centro! E con algunhas novidades! Participar no Día Europeo do deporte escolar suma puntos e o torneo do primeiro trimestre será un torneo multideporte. Cada equipo terá que xogar en tres disciplinas diferentes: brilé, baloncesto e fútbol sala. Forma o teu equipo coa túa clase, cubre a ficha de inscrición e entrégaa na caixa de deporte escolar que hai en conserxería."
A Agrupación que organiza o deporte escolar na nosa zona, Agrudebam, xa sacou o calendario de actividades para secundaria. Como noutras ocasións imos poder competir en bádminton, tenis de mesa e volei os mércores pola tarde e campo a través un sábado pola mañá. Ademáis temos un par de competicións por clases en horario lectivo. O alumnado de 1º e 2º de ESO poderá disfrutar xunto coa súa clase do campo a través e atletismo en pista. Para máis información podedes visitar a páxina de Agrudebam: https://www.agrudebam.es/
Deporte Escolar 2021-22
Deporte Escolar 2020-21
Plasmaremos nesta web as novidades respecto do Deporte Escolar no IES AAR
Aprender e facer exercicio
O alumnado do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural aprende ao mesmo tempo que fai exercicio. Neste caso facendo sendeirismo pola senda do Barragán en Fornelos de Montes.
Proxecto de Vida Saudable
O alumnado de 4º da profesora Adela traballou nun proxecto de Vida Saudable onde tiveron que crear un logotipo, unha mascota, facer un stop motion e unha curtametraxe. Aquí podedes ver algúns dos seus traballos.
Aplicación para o Móbil
O alumnado de Programación de 2º de ESO, guiados polos profesores Juan Carlos e Miguel, fixeron unha aplicación sobre hábitos saudables que se pode instalar no móbil. O guión que utilizaron para facer a aplicación e unha das aplicacións feitas polo alumnado o podedes atopar no seguinte enlace da aula virtual do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/iesantonalonsorios/aulavirtual/course/view.php?id=495#section-1
Reto Terceiro trimestre
Última xornada deste último reto, a pesar da choiva os representantes dos diferentes equipos gozaron da xornada deportiva. Gran actuación dos catro equipos que competían nesta xornada. O duelo polo terceiro posto entre 1 ESO B1 e 1 ESO D gañouno 1 ESO D por 2 a 1. O segundo posto conseguino 1 ESO C1 e o primeiro posto foi para 1 ESO A1 que se impuxo tamén por 2 a 1. Parabéns a tod@s @s participantes!
Rematada a fase de liga do reto do terceiro trimestre, xa temos o resultado e os cruces da fase final eliminatoria. Nos cruces participarán 3 membros de cada equipo. Lembrade que so poderá participar o alumnado que se anotara previamente e que as eliminatorias serán o luns, mércores e venres.
Xa está en marcha a fase de liga do reto deste trimestre, aquí podedes ver as fotos dalgunha das probas. Lembrade que pasan para a fase eliminatoria os dous primeiros de cada grupo.
Este reto constará de dúas fases, unha de liga e outra eliminatoria. Pasarán de fase os dous mellores equipos de cada grupo (a non ser que, por motivos alleos á nosa vontade, non teñamos tempo suficiente e nese caso pasará tan so o primeiro equipo de cada grupo). Os grupos fixéronse a sorteo. A orde dos representantes en cada enfrontamento tamén se fixo a sorteo. Podedes consultar o listado no taboleiro de Deporte Escolar.
Na fase de liga, cada cruzamento gañado valerá 3 puntos, empatado 2 puntos e perdido 1 punto.
As datas están aínda por determinar. Estade pendentes ao taboleiro.
Resultados reto competitivo
¡¡ Parabéns os participantes !!
Semifinais reto competitivo
Hoxe disputáronse as semifinais do reto competitivo, na que se clasificaron para a final 2 ESO E e 1 ESO B.
A final e o enfrontamento polo terceiro e cuarto posto disputaranse o próximo venres.
Dende aquí queremos desexar moita sorte aos equipos e lembrar ao público que, debido á pandemia, debedes manter a distancia de metro e medio en todo momento con calquera persoa.
Día sen ascensor
O pasado 29 de abril celebrouse o Día sen ascensor, ou o que é o mesmo, o día de usar as escaleiras.
O noso alumnado, na clase de Educación Física, fixo unha pequena competición para celebrar este día.
FOTOS do RETO COMPETITIVO
Recreo divertido o de esta mañá no IES. 4 equipo competían nos cuartos de final do reto dos recreos. E aínda que so competían 3 representantes por equipo, foi moito o alumnado que se sumou a facer exercicio acompañando aos competidores. O próximo luns 1 ESO B, 1 ESO C, 2 ESO E e 1 ESO A disputarán as semifinais. A final e o enfrontamento polo terceiro e cuarto posto disputarase o venres 7 de maio.
INSTRUCIÓNS RETO COMPETITIVO (FASE FINAL RETO 2o TRIMESTRE)
Algúns dos pósters feitos polos alumnos para motivarnos a facer deporte nos recreos. Dirixidos por Adela, profesora de Plástica.
Resultados RETO
XA PODEDES anotarvos ao reto competitivo dos recreos. Escollede a 3 representantes e 3 suplentes da vosa clase e anotádevos. Pasaremos un recreo diferente!
Alumnado de 1º ESO
O alumnado de 1 ESO A, dirixidos pola súa titora Nuria, comprobaron a cantidade de azucre que toman ao día e descubriron o necesario que é facer exercicio para poder queimalo todo. Aquí tendes o vídeo que fixeron. Lembrade que, aínda que finalmente se anularan as clasificacións do primeiro reto dos recreos, estes rapaces e outros moitios percorreron quilómetros e quilómetros durante o mesmo, quimando así un montón de calorías. Parabéns!
Segundo RETO
"Xa está en marcha o segundo retos dos recreos. Queremos agradecer ao Taller Neumáticos Tomiño que doou rodas vellas.e ao Ciclo básico de Agroxardinería que as instalou para facer unha das probas.
Lembrade que este reto é participativo, pero faremos unha fase competitiva. Estade pendentes que en breve sacaremos toda a información."
Cando rematemos a fase participativa deste segundo retos dos recreos, haberá unha fase competitiva no que poderán participar as clases que máis puntos acadaran (cada participante consigue un punto por cada proba). As clases clasificadas deberán escoller un ou unha representatne para disputar a fase final, que esta vez é competitiva. Para a fase final, modifícanse algunhas das probas (que non serán por tempo) e dúas clases (os ou as representatntes) farán o recorrido ao mesmo tempo competindo entre elas. A clase gañadora pasará a seguinte ronda! No seguinte pdf tendes a información.
Non esperedes e escollede xa o/a voso/a representante!
O alumnado de 4ºESO
Os compañeiros de 4º de ESO, dirixidos por Beatriz Vila, realizaron unha serie de traballos sobre a Ética no deporte. Estes traballos repártense en 6 seccións:
1. Sobre a historia do deporte
2. As mulleres no deporte
3. O deporte en Galicia
4. Discriminacións no deporte
5. Ídolos no deporte
6. Deporte como negocio
1. Sobre a historia do deporte
E algo máis que evidente que unha das funcións primordiais do deporte é o desenvolvemento da deportividade. O cumprimento das regras propias de cada deporte así como o respecto cara ao contrincante. Un/unha bo/boa deportista é ,ou debe ser, recoñecid@ por ter acadados os seus triunfos sempre dentro do ámbito da legalidade deportiva. E isto ocorre dende que se determina o que é o deporte regrado que como exemplo evidente foron os Xogos Olímpicos da Antiga Grecia a partir do ano776 a C.
2. As mulleres no deporte
Falar das mulleres no deporte regrado parece que é algo relativamente recente, pero non é así. Volvemos a Grecia antiga, alí xa había competicións deportivas para as mulleres, os Xogos Hereos arredor do 580 a C. Porén sabemos que dende que se reiniciaron as Olimpíadas a incorporación do xénero feminino foi dificultosa e lenta. Agora xa podemos falar do que están aportando as mulleres ás diferentes competicións deportivas.
3. O deporte en Galicia
Consideramos que deberíamos facer mención a como se desenvolve o deporte na nosa comunidade, tanto facendo mención a deportes que se practican acotío como facendo mención a grandes deportistas galeg@s.
4. Discriminacións no deporte
O trato discriminatorio por razón de cor da pel, etnia, sexo, relixión, nacionalidade,... tamén se deu durante a historia do deporte. Por ese motivo debemos lembralo para evitar que estas situacións denigrantes se repitan.
5. Ídolos no deporte
Moit@s deportistas son mostra de bravura non soamente no mundo deportivo, senón en ámbitos distintos ao deporte propiamente dito dando mostras de empatía, solidariedade e valentía, loitando por causas xustas e/ou polos dereitos dos máis desfavorecidos.
6. Deporte como negocio
Poderíamos dicir que canto máis peso ten o “mercado” nunha competición deportiva mais se empobrece o que chamamos o espírito da deportividade. Tanto na utilización do deporte como medio de especulación económica, como para desenvolver o mercado das apostas fraudulentas, como potenciando o consumo se substancias dopantes que non permiten a competición en igualdade de condicións.
O alumnado de Oratoria de 2ºD e 2ºF
O alumnado de Oratoria de 2ºD e 2ºF, animados pola profesora Ana Belén, fixeron unha serie de vídeos (algúns deles non podemos os podemos publicar con imaxes xa que foron sacadas de internet) onde se propoñen melloras dalgunhas instalacións deportivas do Concello.
Segundo RETO
Xa temos o calendario de participación para este segundo reto, comprobade cando vos toca porque empeza xa!
Xa está aquí o segundo reto de este curso tan atípico. Consistirá en facer unha serie de exercicios, no patio do recreo. O grupo que máis membros consigan facer todos os exercicios será o que gañe este reto. Se o teu grupo ten pouco alumnado non vos preocupedes porque poderedes intentalo máis dunha vez e así estar en igualdade de condicións. Na sección de Clase + activa tendes máis información. [Ligazón]
Propostas
Xa podedes propoñer os próximos retos, tanto para o alumnado coma para o profesorado en xeral (non a persoas concretas). A vosa clase poderá conseguir ata 100 puntos coas vosas propostas. Animádevos a participar!
Reto 2000km
Podedes descargar a aplicación oficial para este reto, así como o manual e consultar máis información no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesantonalonsorios/aulavirtual/course/view.php?id=467
Explicación do reto 2000 km
Xa está en marcha a primeira actividade deportiva deste curso, trátase de conseguir, entre todos e nos recreos, 2000 km.
Se tes un dispositivo con GPS, rexistra a actividade que fas durante o recreo e envía a captura a deporteaar@gmail.com indicando o teu nombre e o teu curso.
Se non tes GPS poderás rexistrar a túa actividade deixando, por cada volta, un papeliño co teu nome e o teu curso na caixa que terá o profe de garda ao carón da pista de futbito. O primeiro papel será a saída, é dicir, se deixas 5 papeis contabilizaranse 4 voltas.
Finalizado o reto 2000 km
Aquí temos a clasificación final por CLASES e INDIVIDUAL.
A continuación amósanse os resultados INDIVIDUAIS e por GRUPOS. NOTA.- Como varios alumnos presentaron a actividade realizada durante todo o día, limitouse o máximo diario a 4 km que foi o máximo que se conseguiu nun recreo para que estivese en igualdade de condicións que o alumnado que non dispoñía de pulseira de actividade.
Lembrade que as 3 primeiras alumnas e os 3 primeiros alumnos que máis quilómetros aportaron conseguiron unha camiseta do IES. Parabéns!
A falta de dúas semanas para rematar o primeiro reto
A falta de dúas semanas para rematar o primeiro reto de camiñar nos recreos, aquí temos as clasificacións provisionais.
De momento participan moi poucas clases, lembrade que este reto está dentro do Concurso da Clase máis activa e saudable do centro e que a clase que máis puntos consiga no concurso poderá disfrutar dunha saída a finais de curso totalmente gratuíta.
Por cada km que fagas a túa clase obterá un punto. Ánimo que aínda tes tempo!"
Deporte en Familia (Ver máis no índice)
Rutas pola zona
Durante varios cursos o alumnado do CM de Aproveitamento e conservación do medio natural realizou rutas pola zona que agora agrupamos para que as familias que o desexen fagan exercicio seguindo as mesmas. Animamos a todas as familias que compartan as súas rutas favoritas con nós no correo deporteaar@gmail.com.
Enlaces de rutas:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-do-rio-cereixo-2019-03-20-34319076
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/paseo-alrededores-tomino-8823715
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/bran-tominhes-6162795
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prueva-a-f-rio-pedra-6162852
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-pedra-guillermo-6162829
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prueba-ivv-tomino-rio-da-pedra-6162821
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prueba-ruta-rio-da-pedra-dpl-6162846
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-de-a-pedra-prueba-e-l-b-6162809
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-prueba-cesar-6162835
https://es.wikiloc.com/rutas-prueba-combinada/ruta-del-rio-de-la-piedra-y-ies-tomino-6162842
Hoxe coñecemos a...
Abrimos nova sección para coñecer ao noso alumnado fai deporte en clubes da zona.
Fútbol, balonmán, atletismo, patinaxe, taekwondo, natación, baile, surf, fútbol sala, triatlón, remo, baloncesto, piragüismo, hípica,.... Coñeceremos un pouco máis destes deportes e dos nosos deportistas.
Hoxe empezamos por Santine Alex de 1º do CM de Instalacións de Telcomunicacións. Estivemos falando con eles e isto foi o que nos contaron.
A que xogades e cal é a vosa posición?
Santi: Xogo ao fútbol e a miña posición é central dereito.
Alex: Yo soy delantero centro o extremo, me da igual el lado.
En que equipo estás e canto tempo levas xogando?
Santi: Actualmente xogo no AD Tomiño, nunca xoguei noutro. Empecei aos 6 anos e agora son xuvenil de primeiro ano.
Alex: Empecé a jugar con 8 años, en el AD Tomiño, estuve una temporada jugando en el Goian, pero volví ao Tomiño otra vez y llevaré 9 o 10 años jugando. En estos momentos estoy en juveniles.
Gañaches algún trofeo ou algún premio?
Santi: Gañar, gañamos o equipo enteiro, eu individualmente, non gañei ningún.
Alex: Yo, personalmente no. Me dieron hace dos años un título de máximo goleador pero sin más.
Ata que anos tes pensado xogar ao fútbol?
Santi: Se non se me complican os estudos, teño pensado xogar ata que non poida máis.
Cantos días a semana adestrades?
Santi: Actualmente non estamos a entrenar pola pandemia, pero noutras temporadas entrenamos 3 días a semana máis o día e fútbol a fin de semana.
En que liga xogades?
Santi: Actualmente, xuvenil B está en 2ª e xuvenil A en Liga galega.
Alex: En principio jugaremos en liga gallega de juveniles, pero jugaremos por la zona sur, contra equipos de Pontevedra y Ourense, que es nuestro grupo. El otro grupo es el de Lugo y Coruña.
Enfrontaredesvos na final contra o grupo norte?
Alex: Hay unos play-off de ascenso pero ya se irá viendo de aquí a que acabe la temporada
Que estades estudando no IES e como compaxinades os estudos co deporte?
Santi: Agora mesmo estou estudando teleco [Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións] e vamos indo. Gústame, hai cousas que non entendo ou intento entender pero vai ben.
Alex: Ciclo medio de Teleco y bien, contento. De momento no estamos entrenando porque la situación del Covid no lo permite, pero en el momento en que empecemos a entrenar habrá que organizarse para ver cómo se hace todo.
Que lle dirías aos rapaces do instituto referente ao deporte coma aos estudos?
Santi: Facer deporte é, máis que nada, para unha diversión, que hai que ter, estar ocupados e liberar a mente. E o estudo é importante, non se pode deixar, e é algo que vai a valer para toda a vida.
Recomendarías o Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións?
Alex: Si te interesa el tema y ves que te puedes dar, pues sí, lo recomendaría. Hacemos los circuitos, nos enseñan a manejar herramientas, a manejar ordenadores y cosas así.
Clubes da contorna
O alumnado de Oratoria dos grupos de 2º A e 2º B, dirixidos pola profesora Ana Belén, fixo unha serie de traballos sobre os clubes da contorna nos que adestran varios dos nosos alumnos e alumnas.
No seguinte mapa podedes consultalos.
Fai exercicio no recreo
O alumnado de FP Básica de Electricidade e electrónica, dirixidos pola profesora de bioloxía Patricia, deseñou unha serie de probas para facer exercicio en diferentes puntos do patio do centro. No seguinte mapa poderedes ver eses puntos, xunto cos exercicios e os músculos que traballa cada exercicio. Ide familiarizándovos con eles porque proximamente faremos unha competición.
Pinchade nos puntos do mapa para ver como é cada exercicio:
Neste mapa vese a orde dos puntos: