Hábitos saudables

O alumnado de 2º de FP Básica de Electrónica, dirixido pola profe Patricia, elaborou un trivial interactivo sobre hábitos saudables relacionando a alimentación e a actividade física. O seu traballo non quedou ahí senon que foi presentado a todos os grupos de 1º e 2º da ESO polos propios alumnos e alumnas.

O alumnado de 1º de FP Básica de Electrónica, guiados pola profe Nuria, elaborou unha serie de actividades interactivas con Genially que relaciona os beneficios que ten a actividade deportiva para a superación de adiccións.

O alumnado de Programación de 2º de ESO, guiados polos profesores Juan Carlos e Miguel, fixeron unha aplicación sobre hábitos saudables que se pode instalar no móbil. O guión que utilizaron para facer a aplicación e unha das aplicacións feitas polo alumnado o podedes atopar no seguinte enlace da aula virtual do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/iesantonalonsorios/aulavirtual/course/view.php?id=495#section-1