Os dereitos humanos son un conxunto de dereitos e liberdades fundamentais que
pertencen a todas as persoas polo simple feito de ser persoas. Estes dereitos inclúen
a liberdade, igualdade, educación, saúde ou a liberdade de expresión. A súa
importancia aumentou notoriamente despois da Segunda Guerra Mundial, cando se
aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948 pola ONU
(Organización das Nacións Unidas).
Na actualidade, os dereitos humanos continúan sendo un tema moi importante en
todo o mundo. A pesar de que houbo avances importantes respecto a épocas
anteriores, siguen existindo guerras, pobreza, discriminacióne situacións nas que
moitas persoas non poden vivir con liberdade nin seguridade.
1. Guerras e conflitos armados
Un dos principais problemas actuais son as guerras e os conflitos no mundo. En
moitos países continúan producíndose ataques contra civís, destrución de cidades e
desprazamentos forzados de persoas.
Segundo informes recentes da Amnistía Internacional, durante os últimos anos
denunciáronse graves violacións dos dereitos humanos en conflitos como os de Gaza
e Ucraína.
2. Liberdade de expresión e censura
A liberdade de expresión é un dereito fundamental, pero en moitos países
continúanse censurando discursos os cales o goberno considera perxudiciais para
eles ou revolucionarios. Algúns gobernos controlan os medios de comunicación,
limitan internet ou perseguen a xornalistas e opositores políticos
Evolución histórica dos dereitos humanos
Durante séculos, moitos dereitos que hoxe parecen esenciais non existían. A
escravitude non estaba mal vista como hoxe e ademais era totalmente legal en
moitos países, as mulleres non podían votar e había unha gran desigualdade social.
Trala Segunda Guerra Mundial aprobouse a Declaración Universal dos Dereitos
Humanos, que recoñece dereitos esenciais e fundamentais para todo o mundo.
Dende ese momento se produciron varios avances importantes como a igualdade
entre homes e mulleres, o acceso á educación e a creación de organizacións
internacionais denunciantes de abusos.
3. Pobreza e desigualdade
A pesar de que a pobreza extrema diminuíu en comparación co século pasado,
millóns de persoas continúan sen acceso a vivenda, sanidade ou alimentación
suficiente.
Polo tanto, o cambio climático e as crises económicas afectan especialmente aos
países máis pobres.
4. Dereitos das mulleres e do colectivo LGTBIQ+
Nos últimos 100 anos producíronse moitos avances en canto aos dereitos das
mulleres e do colectivo LGTBIQ+. Hoxe existe maior igualdade e aceptación social,
aínda que continúan problemas como a violencia machista, a discriminación e as
diferenzas salariais perxudicando ás mulleres
5. Tecnoloxía e dereitos humanos
A tecnoloxía trouxo vantaxes importantes, pero tamén novos riscos para os dereitos
humanos. Actualmente existen preocupacións relacionadas coa privacidade do
individuo, o control de datos persoais ou a difusión de información falsa.
CONCLUSIÓN
A situación dos dereitos humanos mellorou moito respecto a outras épocas. Hoxe
existen leis internacionais e organizacións que teñen como obxectivo principal
protexer ás persoas fronte aos abusos.
Porén, continúan existindo moitos problemas como as guerras, a pobreza, a
discriminación ou a censura. Isto demostou que a defensa dos dereitos humanos
segue sendo un dos principais obxectivos ainda non logrados no S.XXI.
BIBLIOGRAFÍA E FONTES
https://www.amnesty.org/es/annual-report-global-analysis/
https://www.ohchr.org/es
https://rsf.org/es
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5820568