O sistema actual, tomando coma referencia o sistema dos estados modernos ,e o
español principalmente, non son “Democracias” no sentido real da palabra, se
non que repúblicas de representación parlamentaria (seguindo o significado de
república coma “cousa pública”, non o da simple ausencia de monarquía).
Entón, que é a democracia?
Non hai unha resposta concreta pero si existen diversos exemplos de
experimentos ou experiencias sociais próximas a definición de democracia coma
poder absoluto do “demos”
Os exemplos que poremos de supostas alternativas a democracia, aínda que
sexan conceptos moito máis próximos a democracia que o sistema actual,
baseáranse nos seguintes conceptos:
Horizontalidade: Non hai ninguén por enriba dos demais, todas as decisións
tómanse de xeito horizontal e igual.
Nacen do Pobo: Nacen de persoas que non están no poder nin nunha posición
clara de privilexio, nacen da xente para a xente.
Buscan Responsabilizar a xente: Buscan que as persoas sexan responsables do
destino social, que todos sexan importantes e saiban, para que se busque un ben
común.
Alternativa a o Capitalismo: Todos estes exemplos non buscan un sistema
económico liberal de mercado, buscan a xestión popular de todos os aspectos da
sociedade, sen depender dos capitalistas e sen caer na explotación e represión
antidemocrática do sistema económico.
Exemplos de autoxestión (concepto que empregaremos moito) hainos na internet
por exemplo.
Os dous grandes que trataremos serán a Wikipedia e Linux.
A wikipedia non é soamente esa enciclopedia da que copiamos e pegamos a
información, senón que é un exemplo de autoxestión, de como a sociedade pode
xuntar, neste caso, coñecemento colectivo, e a acumulación do coñecemento de
milleiros de persoas, non é perfecto, pero funciona. O linux e outro exemplo de distribución e evolución mediante o coñecemento
colectivo. Linux é o expoñente encanto a sistemas operativos de código aberto,
nacido do descontento dos programadores coas restricións dos softwares dos
equipos que obrigaban a estes a contactar coa empresa dona do sistema en vez
de permitir a súa modificación e arranxo.
CHERAN, MEXICO.
a localidade de Cherán, Mexico, o pobo estaba canso do narcotráfico e da
submisión das institucións.
Isto levou a un levantamento o 15 de abril de 2011, por parte das mulleres do
pobo,
Os carteles de México dedícanse principalmente ao tráfico de drogas, pero tamén
expandiron o seu modelo de negocio e tratan de ocupar calquera industria
lucrativa, como a madeira
Esa foi tradicionalmente a base da economía de Cherán.
Para o ano 2011, os madeiros estaban talando árbores preto dunha das fontes de
auga de Cherán.
Un grupo de mulleres foi ao bosque para tratar de razoar cos homes armados,
pero só recibiron insultos e foron votadas.
Así que o seu plan empezou a cambiar.
Sabían que era demasiado perigoso facer fronte aos madereiros no bosque, polo
que pensaron deter aos camións cando pasaban polo pobo, onde terían o apoio
dos seus veciños.
A madrugada do 15 de abril de 2011, comezou o levantamento de Cherán.
Na estrada que baixa desde o bosque fóra da casa de Margarita, as mulleres
bloquearon os camións dos madereiros e tomaron como rehenes a algúns de eles.
Houbo un gran enfrontamento entre os madereiros e os policías que resgardaban
a clase política do pobo.
Nese momento, Cherán converteuse nun pobo aoutoxestionado polo seu pobo en
tódolos ámbitos, logrando expulsar ao narco, a policía e os políticos
A sua organización e un sistema representativo pero directo e participativo, xa que
os partidos están prohibidos, onde cada distrito de Cherán escolle un representante para o seu Consello Do Pobo, a parte da distribución de fogatas nas
contornas do pobo coma espazo de referenza para o debate político populr .
Contan co seu propio sistema de xustiza xestionado polo propio pobo e logrando
que, malia estar nun dos estados mexicanos más azoutados pola violencia do
narco, un 0% de violencia no pobo
EZLN, MEXICO
Para a descrición de esta experiencia debemos remontarnos a revolución
mexicana. Emiliano Zapata, de quen surxen os ideales marxistas do movemento,
comezou un levantamento do pobo para o pobo contra o goberno mexicano do
momento con una tese clara: A emancipación dos campesiños e indíxenas contra
os caciques, patrones e o goberno.
Estes ideales non se perderon trala revolución, manteranse durante décadas ata
que a situación social estallou en xaneiro de 1994, coa entrada en vigor do Tratado
De Libre Comercio e a imposición de políticas neoliberais nas que o estado
axudaba as grandes corporacións mentres que abandonaba ao pobo chan.
Dita situación canalizouse na figura do Subcomandante Marcos, que liderou un
novo levantamento, sobordetodo na zoa de Chiapas, mostrando un ferreo rechazo
ao capitalismo, o tratado de libre comercio, á globalzación e a corrupción, aos que
culpaba (moi acertadamente) das deplorables condicións de vida do exhausto
pobo mexicano e suramericano.
Este levantamento levou a unha serie de autogobernos coordinados polo territorio
mexicano coa súa propia estrutura de xestión popular da política, a economía e o
ámbito social, que leva perdurados xa 30 anos dende o levantamento.
O seu sistema de organización baséase nunha pirámide de órganos, o primeiro os
GAL (Goberno Autónomo Local), escollido por cada localidade autónoma do
ELZN, é o núcleo político de cada comunidade, coordinado por comisarios
autónomos, que non teñen máis autoridade que a que o propio pobo da
localidade supervisa, e que son os que organizan os aspectos antes mencionados
da respectiva localidade.
Coma segundo nivel da pirámide atópanse os CGAZ (Colectivos de Gobernos
Autónomos Zapatistas), os cales xúntanse de forma extraordinaria para a
resolución de problemas colectivos de distintas localidades do ELZN e nos que
coordínanse accións conxuntas entre localidades.No último nivel atopase a ACGAZ (Asamblea de Colectivos de Gobernos
Zapatistas), subordinados aos CGAZ e aos GAL, convocan un presidente das
localidades, que fai de coordinador nas asembleas dos CGAZ e de portavoz do
ELZN, non ten unha autoridade, simplemente e unha figura administrativa que fai
de coordinador para evitar o caos.
Este é un dos experimentos Marxistas Autonomistas máis importantantes e
exitosos da historia, con 30 años fora de calquera intervención gobernamental ou
dalgún cartel
BIBLIOGRAFÍA
BBC NEWS MUNDO
WIKIPEDIA
ANTROPOLOGÍA EN LAS SOMBRAS – YT
NATHALIA GONZALEZ – YT
ENLACEZAPATISTA.EZLN.ORG.M