Este ano no CEIP Ortigueira participamos no proxecto Cóntame un conto, impulsado pola fundación Antón Fraguas Fraguas e o Museo do Pobo Galego, o cal promove a actividade de contar contos tradicionais en galego entre os/as escolares. Dito proxecto enmárcase no Plan Proxecta 2024/2025.
Nesta páxina web iremos documentando todo o proceso do proxecto, polo que subiremos imaxes, vídeos e outra información relevante ao longo do curso.
Achegamos tamén o seguinte enlace para que poidades ver os vídeos de edicións pasadas.