Despois de tanto traballo por parte dos nosos nenos e nenas e, como non, do noso profesorado, por fin están saíndo á luz algúns dos vídeos que se gravaron no centro. No seguinte enlace podedes acceder á páxina web do Museo do Pobo Galego para escoitalos. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós! Cóntame un conto | Museo do Pobo Galego
Agora toca poñer a conta atrás para escoitar os contos dos compañeiros/as doutros centros educativos na gala organizada polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).