CURSO 2020-21
Dende o CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños saudamos a todas as nenas e nenos dos outros coles.
Aló imos, que o Ano Santo Compostelano está ás portas.
Deixamos aquí actividades sobre o Camiño.
Non son nosas; son cousas que fumos atopando na rede, pero que nos poden servir a tod@s.
A traballar!
Se picades en cada un dos peregrinos, atoparedes máis actividades.
Queredes facer uns crebacabezas? Son divertidos, non si?
Se queredes repasar algunhas localidades do Camiño Francés, podedes buscalas nesta sopa.
CURSO 2019 - 20
Ola! Dende o CEIP.Plurilingüe Os Casais saudamos a todos os nenos e nenas dos outros coles que van participar con nós neste proxecto no curso 2019-20.
Estes somos nós.
Dende o CEIP. Os Casais presentámonos con este video do noso cole e dos nosos traballos.
O grupo de 6º deste curso está formado únicamente por seis persoas. Saudamos a tod@s @s compañeir@s dos outros coles.
A nosa parábola é: O trigo e o xoio
Estas son as sopas de letras que preparamos para que repasedes o vocabulario da Parábola do trigo e o xoio.
( Non esquezades picar na x antes de comezar as actividades)
Dende o CEIP. Plurilingüe Os Casais, de Maniños (Fene) saudamos a todos os nenos e nenas que, coma nós, están xa en 6º de Primaria.
Nós cada vez somos menos! Pero estamos tod@s @s que somos.
Fixemos unha listaxe dos episodios da vida de Xesús cando era neno que aparecen na Biblia.
Despois, da Biblia Galega que temos no blog Arodamulticolor, sacamos os textos de todas as pasaxes para poder traballalas.
Aquí deixamos o texto de A presentación de Xesús no Templo, que é o relato que nos tocou a nós.
Estivemos investigando pola Rede e recopilamos algunhas pinturas famosas que representan a Presentación no Templo.
CURSO 2018-19
Ola, amigas e amigos dos outros coles! Somos Jaime e Yago; Yago e Jaime. Xa vedes cantos! É que en 6º só somos 4 en total, así que, en relixión estamos a metade do curso.
Pero imos ter axuda neste traballo. Como na nosa aula están tamén as nenas e os nenos de 5º, van colaborar con nós.
O relato da infancia de Xesús que nos corresponde é:
A adoración dos pastores
Como da Adoración dos pastores hai moitísimos cadros, buscamos so os que están no Museo do Prado. E aquí atopamos tamén bastantes. Son estes:
Tamén preparamos unhas sopas de letras para que poidades repasar e familiarizarvos co vocabulario desta pasaxe bíblica.
Para rematar o noso traballo temos un test con preguntas para comprobar se todo o mundo coñece ben a historia.
Non fagades trampas.