Dada a organización interna do centro para este curso 20-21,
as nenas e nenos de 6º de Primaria de Andrade non podemos participar.
Desexamos profundamente poder facelo o curso proximo.
CURSO 2019 - 20
Estes somos nós; os nenos e as nenas de Relixión de 6º de Primaria de Andrade.
O curso pasado fixemos tres videos de parábolas. Este ano queremos facer outras tres.
Os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP. Plurilingüe de Andrade fixemos unha presentación para amosaros o noso cole. Esperamos que vos guste!!!
Neste curso 2016-17 imos continuar co traballo iniciado polos compañeiros e compañeiras da clase de relixión que marcharon xa ao Instituto.
Temos moitas ganas de compartilo con vós.
Estes somos nós.
Estamos traballando sobre a Parábola do Pai Bo e o Fillo estragador. Aquí deixamos o texto para que poidades lela.
Tamén preparamos algunhas actividades para que as poidades facer.
(Non esquenzades picar na aspa (x) que aparece abaixo á esquerda antes de facer a actividade para non ter que "tragar" anuncios")
Como vedes aparece a profe como autora, porque a que está rexistrada na aplicación é ela, pero fixémolas nós, eh?
E, a continuación, tedes uns encrucillados para que sigades coñecendo os personaxes e os diferentes elementos que aparecen nesta importante parábola do PERDÓN.
Non esquenzades facer comentarios sobre o noso traballo. Gústavos?
Esperamos que vos sirva para coñecer moi, moi ben, a parábola do Fillo Estragador;
a Parábola do Pai Bo, como nos gusta chamala a nós.
BO NADAL!
Xa estamos en xaneiro e hora é de rematar o traballo. Así que, aquí tedes un test para ver si coñecedes ben a parábola do Fillo Estragador, a nosa parábola.
Cun 5 chega para aprobar. Esperamos que saquedes un 10!
Aquí estamos outra vez. Dende o cole de Andrade saudamos a tod@s aquel@s compañeir@s que participades con nós nesta actividade dende as vosas clases de relixión no curso 2017-18.
Estes somos nós.
Estamos traballando os relatos da infancia de Xesús dende a Arte.
O primeiro que fixemos foi unha relación das pasaxes bíblicas.
Despois buscamos na Biblia todos os relatos para coñecer ben as historias e os personaxes que aparecen en cada unha. Entre tod@s copiamos todos os textos. Unha vez que os tivemos ben leidos, vimos nunha páxina de arte cadros famosos que representan estas escenas e aprendimos a identificalas.
Agora estamos buscando A árbore de Jesé porque a nós tócanos a Xenealoxía de Xesús.
Este é o relato:
O próximo día buscaremos obras de arte que representen esta pasaxe bíblica.
Preparamos unha sopa de letras para que aprendades os nomes dalgúns dos antepasados de Xesús.
E aquí tedes un cuestionario para ver se sabedes todo tan ben coma nós:
E, con isto, damos por rematada a nosa parte do traballo.
Esperamos que vos sirva para aprender moitas cousas sobre os relatos da infancia de Xesús.
CURSO 2018-19
Somos as nenas e nenos que estamos en relixión no cole de Andrade.
Este ano imos continuar co mesmo traballo que empezaron a facer o curso pasado, porque quedou sen rematar.
Tocounos o relato Xesús entre os Doutores (ese que moitas veces se coñece como O Neno perdido no Templo).
Buscamos cadros de pintores famosos que representen este episodio da vida de Xesús. Comprobamos que hai moitísimos. Cada un de nós escolleu un deles. Faremos unha presentación.
Polo de agora deixamos aquí unha sopa de letras para que vos vaiades familiarizando co vocabulario.
Xa iremos subindo os cadros. Mestres, como de seguro que tedes moi ben aprendido o noso relato bíblico, ide vós facendo o cuestionario que preparamos.
Pensamos que é fácil. A ver se aprobades!
Estes son os cadros que buscamos:
Bonifacio de Pitati.1545.Palazzo Pitti, Florencia. (Sofía)
Alberto Durero.1506.Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid. (Bruno)
Defendente Ferrari.1526.Neue Galerie, Stuttgart. (Mauro)
Giotto. 1310.Iglesia de San Francisco, Asís. (Uriel)
Heinrich Hoffmann.1884. Hamburger Kunsthalle. (Víctor)
Ludovico Mazolino.1524.Gemäldegalerie, Berlín. (Álex)
Giovanni Pannini.1743.Museo Nacional de Varsovia. (Carlos)
José de Ribera.1614.Ville de Langres, Champagne. (Martín)
Veronés.1560.Museo del Prado, Madrid (Ana)