O alumnado de 1º, 2º e 5º visitaron o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar.
Iniciamos as actividades de Entroido cunha actividade para que nos explicou como pasar un entroido seguro e responsable
O Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"
O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.
Como todos os anos o CEIP Sequelo vístese de entroido; este ano sen esquecer a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu", propoñemos para a semana do 13 ao 17 celebralo co "Mandadiño: Recicliño".
Mandatos "Recicliños" para cada día da semana. Recordade que en entroido tamén se pode Reutilizar, Reducir e Reciclar.
Luns: Cun pano da túa nai, convírtete en "Superman".🦸♂️
Martes: Fai un gorro de papel, ti serás un bo grumete. ⛵
Mércores: E metade de semana, vente coa cara pintada.🤡
Xoves: Xa me quedo sen ideas, disfrazate como queiras. 👨🍳🕵️🧙🧛
Venres: Día grande hoxe será, por Marín desfilarás.
O venres 17 celebraremos un desfile de comparsas polas rúas de Marín, as comparsas cantarán na alameda, rematando á chegada ao colexio con degustación de postres típicos de Entroido.
Este ano polo Entroido quixemos recuperar a tradición de facer comparsas e cantar as típicas cancións "cun toque crítico e cómico"; para o que por ciclos reescribimos varias cancións coñecidas, facendo alusión ao PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Infantil e primeiro ciclo, preferiron a nosa música tradicional, crearon unha letra para a melodía tradicional galega "A miña Rosiña", como "Que bonito o monte!".
O segundo ciclo versionou a canción "Dance monkey" de Tunes and I, como "Aire dance".
O terceiro ciclo versionou a canción "Made you look" de Meghan Trainor, como "Vou reciclar".
Resumo Entroido: comparsas, desfile polas rúas de Marín e actuación na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI.
Remate con festa no colexio e degustación de lambetadas típicas de Entroido, aportadas polas familias.
Este Entroido correspondería a celebración do "XIX Obradoiro da Filloa".
Foi un obradoiro de filloas distinto ao que viña sendo habitual; no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Así como a importancia da alimentación sá e sostible.
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
Dedicamos a Semana da Prensa 2023, do 6 ao 10 de marzo, a buscar noticias relacionadas co noso planeta, ben fosen para ben ou para mal.
O alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz.
Pasárono xenial ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!", tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo.
Seguindo coas actividades de música e reciclaxe, buscámoslle unha utilidade aos vellos CD e DVD.
Con rotulador permanente escribimos esquemas rítmicos que logo interpretamos de varios xeitos: de catro pulsos, de oito pulsos, seguindo unha determinada orde, percutindo no mesmo disco... os máis atrevidos incluso lle puxeron unha base de rap.
A través dunhas charlas na biblioteca para o 1º e 2º ciclo por parte da profesora de prácticas, Paula, douse un gran impulso á documentación informacional sobre o PDI.
Foron unhas charlas dialogadas nas que o alumnado de 1º-2º-3º-4º puido recoller información grazas ás presentacións dixitais adaptadas sobre os axentes contaminantes que estragan o solo e o aire. Entender a importancia de manter limpa a nosa contorna e concienciarse dos beneficios para a nosa saúde foron os obxectivos das charlas.
Rematou a actividade respirando ao aire puro e debuxando as nosas impresións.
Visita realizada aos bombeiros forestais do Campiño polos cursos do 2º ciclo
En apoio ao proxecto do centro a profe Paula, a través dunhas presentacións dixitais sobre a terra e o aire, dou unhas charlas aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Puideron falar dos axentes contaminantes do aire e da terra, dos lugares do planeta máis contaminados... rematando cos compromisos que compre facer para coidar a nosa contorna.