Comezamos con dúas actividades que realizaremos cos materiais que se vos pediron: tapóns, pinzas desparelladas, tubos de papel, folletos publicitarios, cartóns...
Actividade inicial para concienciar da importancia das tres RRR como primeiro paso para garantir un planeta sostible.
Como actividade motivadora inicial recheamos tres grandes RRR aproveitando mateiras que normalmente temos nas nosas casas.
Actividade de ideas previas, na que tratamos de meter en cada contedor o lixo que lle corresponde.
Utilizamos para facer a actividade recortes de folletos, revistas, xornais...
Exposición dos traballos polos corredores.
Como actividade introductoria de información, aproveitando que temos un composteiro no colexio, tivemos unhas charlas informativas recordando como se realiza a compostaxe e poñendo en marcha o noso composteiro.
Dentro das propostas introductorias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" estivemos realizando varias actividades sobre compostaxe, a cargo de "Revitaliza" que culminaron coa posta en marcha, o día 7 de novembro, do composteiro do colexio.
Por se nos esquecedes de algo aquí queda un enlace á páxina de "Revitaliza" para que poidamos recordar que é; e que materiais se poden compostar.
A compostaxe é unha boa maneira de protexer o noso planeta.
Dentro das actividades de investigación, investigamos os froitos de outono propios do noso entorno, polos beneficios que supoñen para a nosa saude e para o noso planeta.
Ao longo do mes de novembro estivemos traballando os froitos de outono, como remate fixemos:
Exposición coa que podemos comprobar non só o saudables e cheos de propiedades nutritivas que están, senon que mesmo son decorativos.
Os beneficios que nos proporcionan a nós e ao noso planeta.
Recollemos todo o que aprendimos neste libro: Orixe, propiedades, forma de cultivalos, receitas de cociña...
Decoramos o colexio con adornos feitos con materiais reciclados.
Unha pequena mostra destas actividades:
Tradicional concurso de "Tarxetas de Nadal" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
Actividade proposta pola ANPA Aidón "Adornos navideños con caixas".