Protexo o meu planeta! Protéxome eu!

Proxecto no que se traballará os hábitos saudables con nós mesmos, e co noso planeta.

Obxectivo do proxecto

Este proxecto ten como obxectivo a  protección do noso planeta, como xeito de protexernos a nós mesmos, fomentar hábitos saudables que nos axuden a crear un planeta sostible.


Planificación do proxecto

Primeiro trimestre

Comezarase a primeira fase do PDI coa proposta Protéxome eu!, partindo do máis próximo a nós, nós memos. Centrarase esta primeira fase no coñecemento do corpo humano: osos, músculos, funcións, hábitos saudables, alimentación, exercicio, benestar físico e emocional, o ben común…


E. Infantil e 1º Ciclo

Partes do corpo humano, exercicio, movemento…



2º Ciclo

Funcións do corpo humano, alimentación, bos hábitos…


3º Ciclo

As emocións, as sensacións, a colaboración, o respecto, o ben común…


Segundo trimestre

Segunda fase do PDI, na que se traballará “Protexo o meu planeta!”; esta fase centrarase en coñecer como é o noso planeta e como nós podemos contribuír a protexelo; así como o impacto que causan as nosas accións sobre o mesmo.


E. Infantil e 1º Ciclo

A terra: Os montes, os campos, os cultivos sostibles, deforestación, a importancia das especies animais e vexetais…



2º Ciclo

O aire: Importancia da vexetación na calidade do aire, a contaminación por diversas causas, a enerxía eólica…


3º Ciclo

A auga: As fontes, os ríos, os mares, os océanos, a vida mariña, a actividade económica arredor do mar, a contaminación das augas, a enerxía hidráulica… 

Terceiro trimestre

A terceira fase do PDI que será de exposicións (orais, muráis, dixitais…) do  traballado a toda a comunidade escolar, invitación ás familias.Recompilarase os traballos en diversos formatos: Libro tradicional (como producións propias), Book Creator, Genially, Sway, Canva, vídeo…

Como remate final do proxecto e producto final relevante organizarase unha “Marcha saudable” de concienciación polas rúas de Marín;  na que cada clase elixirá un lema alusivo o PDI, na que se reflicta unha mensaxe motivadora para coidar o noso planeta, e portará unha pancarta co mesmo.

Temas transversais

Ao longo de todo o curso traballeremos o tema relacionandoo coas distintas conmemoracións

Día das Persoas con Discapacidade, 3 de decembro

Día da Paz, 30 de xaneiro

Traballaremos sobre o lema "Se ti sorrís o mundo sorriá"

Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.

"O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.

Día Internacional da Muller, 8 de marzo

Investigaremos sobre mulleres que dedican a súa vida a protexer o noso planeta coa defensa do medio ambiente en distintos ámbitos: vida animal, defensa dos océanos, dsenvolvemento sostible, activistas polo cambio climático... 

Facemos música reciclando.