PROXECTO AUDIOVISUAL - EDUCACIÓN PLÁSTICA - IES AS BARXAS

Que nace no 2010 co fin de dinamizar e motivar desde o audiovisual e a aula de plástica o noso IES AS BARXAS, despois de dous anos de paro , volvemos con máis forza que nunca , aqui quedan as nosas canles de you tube e o noso instagram

Nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións que se recollen no blogue EDUCORTOS. https://educortos.blogspot.com

Tamén creamos un festival audiovisual no centro, onde anualmente difundimos as curtas realizados polo alumnado de Plástica durante cada curso académico.

http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes

https://luzbelos.wixsite.com/arteaudiovisual

Esta experiencia educativa pretende que estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bachi- llerato utilicen os recursos da linguaxe cinematográfica, que investiguen, experimenten, novas formas de expresión e creación plástica, mediante o uso consciente e crítico das tecnoloxías da información e comunicación (TIC). Unha experiencia de aprendizaxe colectiva e interdisciplinar que conta con colabóraación doutros departamentos didácticos do noso IES as Barxas e que impulsa de maneira decidida a educación en valores.

Os estudantes son os protagonistas de todas e cada unha das fases do noso proxecto: preproducción, produción e postproducción .

Traballan en grupo, asumen roles profesionais e perspectivas de acción diferentes: dirección de cortometra- jes, utilizan as cámaras, editan o son, son actores e actrices, maquillan, buscan o vestiario e os escenarios...

Nestes proxectos é necesario que os nosos alumnos e alumnas traballan en equipo. A partir dunha idea elaboran un guión, narrativa board , traballan con distintas técnicas de animación 2d para realizar os créditos ... É un proceso longo e laborioso que empezamos no segundo trimestre e acabamos no terceiro, un tra- baixo motivador onde o alumnado aprende a expresar aquilo que sente, “aprender facendo” desde a creación, traballando en equipo, onde o esforzo colectivo céntrase no ben de todas e de todos . Aprendemos facendo, emocionando e comunicando.

Despois de producir , os nosos alumnos e alumnas difunden cada ano os curtos realizados durante o curso académico nun Festival Audiovisual aberto a toda a comunidade educativa e ao pobo de Moaña .

En definitiva: O AUDIOVISUAL ÚNENOS .

Contacto: luzbelos@gmail.com

Profesora coordinadora : Luz Beloso

Educación Plástica Visual y Audiovisual IES as Barxas - MOAÑA