Caranguexo FILMS , e o seu X FESTIVAL AUDIOVISUAL
CURTAMETRAXES realizadas polo alumnado do IES as Barxas
Chega o retorno de CARANGUEXO FILMS. Este 15 de xuño ás 17:00 , teremos a GRAN ESTREA de curtametraxes realizados polo alumnado de educación plástica no salón de actos do IES AS BARXAS.
Despóis de dous anos de parón no IES AS BARXAS , teremos de novo un FESTIVAL DE CURTAS , un proxecto do alumnado de 4 da ESO, que este ano traballou a linguaxe audiovisual na aula de plástica, nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións.
Todos eles traballados en colaboración co departamento de Galego e do departamento de Música no videoclip
"Os mozos si choran" , que disfrutamos en directo no Festival Audiovisual .
Contamos cunha produción de mais de 20 curtas e animacións , con temas como o Alzheimer , visibilizar a saúde mental, o bullying , a poesia , a soidade, a guerra, as masculinidades tóxicas .
Algunhas das nosas curtas están nominadas aos premios OLLOBOI deste ano.
Os títulos das curtas que se van proxectar entre outros son : LIMERENCIA (curta nominada aos premios do festival OLLOBOI) TODO ESTÁ BEN , Curta sobre a ansiedade
SALTO AO CEO , visibilizar o suicidio
CORES E VAGALUMES , curta. Que loira contra o bullying
BOLBORETAS , curta sobre a terapia das mariposas e as autolesións.
AS NOSAS AVOAS, curta documental as avoas do Morrazo con Fita Rial , Ana Ferreira, Rosa Bermúdez , Nieves Rodríguez.....
O CAMIÑO DA SOIDADE , TÍ DECIDES :curta para campaña contra o alcol ao volante,(NOMINADA aos premios OLLOBOI)
O ARMARIO DOS MEUS PAIS animación contra as violencias machistas (NOMINADO aos premios OLLOBOI)
O LADRÓN DE MEMORIAS , feito en colaboración con AFAMO.. NON TODO SON PEIXES NO MAR , BATEAS ,VERDE ....e moitas mais
E esterase tamén o traballo da rapazada do “club audiovisual “ feito este ano con tres títulos: OS LIBROS ESQUECIDOS , CABALGANDO LIBRES , NON ES TÍ, SON EU . .
Esperamos que vos gusten